Os vehículos na citada rúa deberán circular dende a praza dos Valeiros de Porto en dirección á rúa Portarraxoi, quedando prohibido circular en sentido contrario.
Tamén hai uns días quedou fixada a dirección única na rúa Migúens Parrado, podendo unicamente os vehículos circular dende o Camiño de San Xulián e a Plazuela en dirección ó parque infantil e á estrada nacional.
Estas medidas foron adoptadas para evitar atascos e situacións de risco nestas dúas rúas. Esperemos que sean efectivas para ben de todos.
Sociedade
Misas esta tarde nos cemiterios de Pontecesures.
Neste Día de Tódolos Santos, e para lembrar ós difuntos, oficiarase unha misa ás 16:30 horas na Capela do Cemiterio Municipal de Condide e outra ás 18:00 horas na Capela do Pilar do Cemiterio Parroquial de San Xulián.
A misa na Igrexa Parroquial será ás 19:30 horas.
Concello
O Concello solicita a colaboración veciñal para que as rúas de San Xulián estean limpas.
Ante as queixas veciñais presentadas diante do Concello, comunícase que as labores de limpeza e adecentamento das rúas de San Xulián, vense entorpecidas polos malos hábitos dos cans da zona que manchan cos excrementos o empredrado das rúas. Tamén hai continuos roubos de prantas e demais ornamentos florais.
Solicítase así a colaboración veciñal para que os donos dos cans impidan que se manchen as rúas e para que se respecten as prantas que se colocan nas xardiñeiras.
Sociedade
Arranxada a avaría de auga na traída particular de A Ponte.
Dende hai moito tempo, 23 casas de A Ponte teñen unha traída particular de augas que discorre pola rúa Cantillo de San Xulián, preto da gasolinera, e vai nun tramo sen soterrar por baixo dos arcos que están baixo a beirarrúa fronte á antiga Casa Castaño. Dende alí parte ata a ponte medieval sobre o río Ulla.
Pois ben; nestes días os veciños apreciaron a falla de auga e fixeron as comprobacións oportunas nos depósitos e noutras zonas da conducción. Localizouse a avaría e así, xusto debaixo dos arcos nas proximidades da ponte sobre o río, apreciouse a mangueira raxada en varios puntos. podendo tratarse dunha gamberrada.
Na tarde de hoxe foi arranxada a mangueira.
Cultura
O sábado 11 de outubro, inauguración da obra de traslado do cruceiro de San Lázaro.
A Asociación de Veciños de San Xulián anuncia que o sábado día 11 de outubro comezan estes actos ás 12:45 horas cunha misa na Capela do Pilar en San Xulián.
De seguido, e a pé do cruceiro, terá lugar o desenvolvemento central do acto.
Están convidados ó acto tódolos integrantes da Corporación Municipal de Pontecesures.
Cultura
Celebracións do Pilar, en San Xulián, o día 12 de outubro.
O domingo día 12 de outubro terá lugar esta celebración organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián.
A alborada correrá a cargo das pandereteiras da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures.
Ás 13:00 horas terá lugar a Misa Solemne na capela do lugar, oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría e cantada polo Coro de «A Barcarola».
A continuación sairá a procesión coa imaxe da Virxe do Pilar pola rúa deste nome.
Rematada a procesión actuará o grupo folclórico «Xarandeira» de Pontecesures.
Lémbrase que dende o día 3 de outubro ata o día 11, ás 19:00 horas, estase a celebrar a misa e a novena na Capela do Pilar de San Xulián.