2 XOGADORES DO C.B. RIO ULLA VAN ACUDIR Á CONCENTRACI?N DE VERÁN DAS RESPECTIVAS SELECCI?NS GALEGAS

Dende hai 2 semanas tíñamos a nova de que o noso xogador José Carlos García estaba preseleccionado para a selección galega infantil masculina. Por elo vai ter que acudir a mediados deste mes de xullo a unha concentración da selección infantil que se vai celebrar en Pontevedra, durante 1 semana. A esta preselección acuden 16 xogadores de toda Galicia, para posteriormente escoller ós 12 xogadores que representarán a Galicia no próximo campionato de España de seleccións autonómicas, previsto para principios de 2010 en Extremadura.

Ademais, a sorpresa agradable douna no día de onte Antia Sanmarco Martínez, pois foi convocada igualmente para a preselección galega alevín feminina. Tamén terá que concentrarse durante unha semana no centro de tecnificación de Pontevedra, neste caso do 20 ó 24 de xullo, e tamén pode chegar a disputar o campionato nacional con Galicia.

¡¡¡ Noraboa e sorte a ambos !!!

Os nosos parabéns para….

Queremos dar os parabéns polas novas instalacións deportivas no CPI Pontecesures, especialmente o novo campo de 3 x 3 que se instalou no patio. Neste campo pódense practicar varios deportes.
Tamén nos gustaría mostrar o noso agradecemento pola instalación de novos farois na rúa S. Lois e a Prazuela, así como na fachada da igrexa parroquial.
Por último, os nosos parabéns para as novas instalacións deportivas feitas no monte de Porto que inclúe céspede artificial no campo de fútbol xa que o antigo non permitía a práctica adecuada deste deporte.

Artigo de Raúl Trasande Silva e de Víctor Sanmarco Suárez. 4º ESO B
Revista «O voceiro do Pino Manso» do CPI Pontecesures.

Festival da ANPA para clausurar as actividades extraescolares no CPI Pontecesures.

Comezará ás 16:00 horas no pavillón polideportivo con exposición dos traballos de pintura, manualidades e punto de cruz. Dende as 16:30 horas exhibicións de tenis, baile moderno, danza clásica e teatro.
Ao remate seranlle entregados agasallos aos nenos/as que participaron nas actividades 2008/2009 e a outros que gañaron o certame das Letras Galegas 2009.
De seguido terá lugar unha pequena festa de despedida con dúas colchonetas, mesa de debuxo, maquilladora de fantasía, barra de bar e unha tómbola para recadar fondos cara ao vindeiro curso. Para rematar terá lugar a festa da escuma.
Prezo para os nos socios: 2 euros.
A ANPA agradece a colaboración co festival do Concello de Pontecesures, do CPI Pontecesures, de Chupa Chups, de Elías Sanmarco Enrique e do Grupo Xarandeira.

Nenos/as cesureños/as admitidos para os campamentos de verán «A Lanzada» da Deputación

Barreiro Rodríguez, Alba (9 anos). 3ª quenda
Domínguez Ordóñez, Antía (10 anos). 8ª quenda
Fernández Freiría, Silvia (10 anos). 8ª quenda
García Quintá, Iria (9 anos). 3ª quenda
Navarro Jamardo, María (9 anos). 3ª quenda
Pardal Álvarez, Lucía (7 anos). 1ª quenda
Piñeiro Rodríguez Raúl (13 anos). 3ª quenda
Potel Mariño, Pablo (12 anos). 8ª quenda
Quinteiro Castiñeiras, Diego (11 anos). 4ª quenda
Rarís Frois, Lara (11 anos). 3ª quenda
Rarís Frois, Sofía (8 anos). 3ª quenda
Rodríguez Blanco, Cristian (11 anos). 2ª quenda
Sanmarco Rodríguez, Antía (11 anos). 8ª quenda
Senín Santiago, Mª Belén (9 anos). 3ª quenda
Temperán Potel, Jorge (8 anos). 9ª quenda
Varela Miguéns, Marta, (10 anos). 3ª quenda
Von Hertwig Bernhardt, Laura Helena (10 anos). 2ª quenda

O prazo máximo de presentación da documentación pendente remata o vindeiro 26 de maio (deberá estar nas oficinas da Cidade Infantil Príncipe Felipe ese día).

Xustificante de pagamento de 68 euros na conta 2080 0401 68 0040106618 de Caixanova facendo constar o nome de cada rapaz e a quenda asignada.

A documentación debe remitirse por correo a:
Cidade Infantil Principe Felipe
A/A: Dirección Xerencia-Campamentos
Avda. Montecelo, nº 12
36161 PONTEVEDRA

ANTIA E SERGIO, XOGADORES DO C. B. RIO ULLA SUBCAMPEONS GALEGOS NO TORNEO DE SELECCIONS ZONAIS

 

Esta pasada fin de semana celebrouse a 2ª xornada do Campionato Galego de Seleccións Zonais, de categoria Alevín (10 – 11 anos). Na seleccion arousana masculina participou o noso xogador Sergio Martinez (11 anos), e na feminina o fixo Antia Sanmarco (10 anos). No caso de Antia poderá repetir selección para o ano se é convocada chegado o momento.

A primeira xornada fora en Carril no mes de decembro, e tanto as nenas coma os nenos acadaran xogar polos primeiros postos. As nenas gañaran o torneo de Carril, e os nenos perderan por 2 na final, contra Ourense.

Esta 2ª xornada celebrada o pasado fin de semana en Sarria (Lugo) serviu para dirimir eses 4 primeiros postos deste torneo galego de seleccións zonais.

Asi os nenos derrotaron primeiramente a Lugo (67 – 61), para na semifinal gañar a Ourense 51 a 46. Perderon con Coruña 30 a 75.

As nenas pola sua banda gañaron a Lugo 83 – 33, para na semifinal gañar a Ourense 71 a 61. Foron superadas por Vigo por un 77 a 26.

Hai que decir que caeron nas suas respectivas finais ante 2 «superequipos», logo de ver a Coruña en nenos, e a Vigo en nenas. O éxito foi chegar, con 2 seleccións feitas dende outubro a disputar estas finais, que avalaron o traballo feito polos seus seleccionadores.

En ambos casos os xogadores deste club participaron activamente nestes partidos. Noraboa.

La concentración galega de minibasket para la que estaban convocados/as jugadores/as del Extrugasa Río Ulla, suspendida.

En base a la situación meteorológica prevista para este sábado, la Federación Gallega de Baloncesto suspendió la tercera concentración de Selecciones zonales de categoría Minibasket que se iba a disputar en Sarria-Lugo.
En la formación de la Delegación Arousana de Baloncesto estaban convocadas tres niñas del equipo cesureño (dos de Pontecesures: Antía Sanmarco y Lara Rarís Frois; y una de Campaña; Sonía Tarrio) y un niño (Sergio Martínez, de Pontecesures).
Esperemos que la concentración tenga lugar cuanto antes y que nuestros representantes hagan un gran papel en el torneo autonómico de selecciones zonales.