Margarita Carolina García Castro, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González, concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures apresenta a seguinte moción para seren tratada na sesión plenaria do día 24 de novembro de 2008.
Exposición de motivos:
O BNG considera que é necesario acometer unha serie de obras moi reclamadas polos veciños:
-Saneamento dende o cruce da pista de Carreiras coa do Couto ata a intersección coa rúa do Ensanche. Debido á escasa sección e atranco do tubo existente (que encauza o regato de Carreiras) os desbordamentos en épocas de chivas son moi numerosos, afectando a moitos veciños e provocando danos materiais en varias vivendas. Cremos que é necesario substituir todo este traxecto con tubaría de maior sección, ademais de colocar tubaría para a recollida de augas fecais.
-Pavimentado e ampliación da pista de Carreiras a Condide pasando polo Couto. Esta pista atópase en moi mal estado con pavimento irregular que pode provocar algún que outro accidente. Tamén considérase que debéselle dar máis anchura na parte de Condide.
-Pavimentación e ampliación da pista que comunica os núcleos rurais de Grobas e A Fenteira. O abandono destes lugares é manifesto, polo que consideramos que é necesaria unha actuación inmediata para anchear a pista e quitarlle as curvas que actualmente ten.
-Ancheamento e novo pavimentado da rúa do Coengo (San Xulián). Esta rúa actualmente é moi estreita e ten unha curva moi cerrada, polo que se fai necesario un retranqueo para eliminar a curva e anchear o vial.
-Acondicionamento da zona da rúa Caldeirón de Arriba: Separativos de pluviais e fecais, retranqueo, acondicionamento de muros existentes, e acondicionamento integral da plazoleta. Consideramos que esta zona de Porto atópase tamén nun estado de abandono, por iso é necesaria tamén unha actuación urxente.
En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do pleno da corporación municipal a adopción do seguinte acordo:
1 Solicitar á Consellería do Medio Rural a execución destas obras tan demandadas polos veciños de Pontecesures.
Pontecesures, 7 de novembro de 2008