O BNG de Pontecesures solicita o expediente completo da contratación de dúas auxiliares administrativos.

Mediante escrito asinado polos concelleiros, Margarita García Castro, Cecilia Tarela Barreiro e Manuel Luis Álvarez Ángueira solicitan á alcaldesa o expediente completo do proceso de selección de dous postos de auxiliar administrativo (ó abeiro dos Programas de Cooperación 2008) levado a cabo polo Concello de Pontecesures o 19 de agosto e o 4 de setembro; tanto a documentación das traballadoras seleccionadas como a de aqueles/as que non o foron e que inclúa:

-Os criterios de selección.
-Documentación aportada polos aspirantes.
-Baremación.
-Puntuacións.
-Valoración de entrevistas.
-Calquera outra documentación que inclúa o expediente.

Lémbrase que as persoas seleccionadas foron María Dolores Gerpe Jamardo e Silvia Romero Fabeiro.
O goberno local vaille comunicar ós solicitantes que o expediente poden examinalo xa ó luns día 29 de setembro de 11:00 a 14:30 horas na oficina do técnico de emprego, José Francisco Rodríguez Fructuoso. Será este traballador, que foi membro do tribunal, o encargado de mostrar toda a documentación que desexen os concelleiros nacionalistas.