Elexido por segunda vez , grazas os apoios do PSdeG e Terra Galega, non prevé que cos actuais recortes se poidan facer grandes obras este ano // Rexeita as fusións de concellos e aposta por activar a mancomunidade
Nado en Pontecesures en 1961, Manuel Luis Álvarez Angueira, é profesor de Filosofía. Foi elixido alcalde de Pontecesures polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) en 1999 co apoio de ACP e PSdeG-PSOE. En 2003 repetíu como alcalde cos mesmos apoios. En 2007, a pesar de ser o BNG a forza máis votada perdeu a alcaldía a mans dun goberno tripartito con PPdeG e PSdeG que encabezou a concelleira de IP Maribel Castro Barreiro. En 2011 volveu ser elixido alcalde grazas a un pacto cos eiles do PSdeG e Terra Galega.
Que balance fai deste ano e medio de lexislatura?
Un balance positivo a pesares da situación económica a que se enfronta o país. Evidentemente, moitos proxectos que tiñamos en mente quedaran pospostos ata que a situación mellore.
? facil a gobernabilidade nun Concello cun voto tan dividido e ter que gobernar en coalición?
Gobernar nunca é facil sexa voto dividido ou moi concentrado. Xa que moitas veces para os gobernantes, ben sexan municipais ou doutras institucións, a lentitude administrativa e a resolución de problemas aos veciños pode chegar a facerse desesperante.
Nesta época de recortes e de pago de débeda, como está a afectar ao Concello de Pontecesures os recortes nas axudas das administracións (central, autonómica e provincial) e que plan de axuste tivo que aplicar o municipio?
O plan de recortes aféctanos, evidentemente, xa que aínda que o Concello de Pontecesures non entrou o rescate do Estado e temos case todos os pagos cos proveedores ao día, temos que centrarnos nas prioridades como o persoal e os servizos básicoa. Neste senso quedan pendentes actuacións que en épocas de bonanza se podían facer.
Os recortes afectaron a obras e investimentos previstos?
Sí. Como dixen anteriormente si tiñamos pensado acometer algunhas obras, que quedaron propostas. Así como as que poidan vir da Xunta, do Estado ou da Deputación.
Como afectan as medidas impostas polo Goberno central na plantilla e nos salarios dos traballadores e as extras do persoal do Concello?. Neste punto se e posibel, gustaríame saber cantas dedicacións exclusivas te o goberno municipal e os soldos.
Evidentemente os recortes nos salarios e nas pagas extraordinarias e unha merma na calidade de vida dos traballadores. Hai tres exclusivas parciais cunha cantidade de 1.000 ? cada unha.
Xa ten elaborado o orzamento de 2013?. En caso de que sí, lle pediría que me explicara as partidas (investimentos e gastos) o diñeiro que se adica o pago da débeda e que obras contemplan para o vindeiro ano?
Non os temos elaborados pero evidentemente temos certas ideas para facer pero tod depende dos ingresos e dos gastos correntes. Se algo queda despois dese axuste, algo faremos serán cousas non de grandes investimentos pero que sirvan de servizo aos cidadáns.
Que taxas e impostos actualizan en 2013 e canto recauda o Concello por este concepto?
A única taxa que foi modificada para este ano 2013 é a auga e tamén será actualizada a de saneamento e a do cemiterio.
Cal é a súa opinión sobre a polémica xurdida pola posible desaparición do plan de prevención de drogodependencias de Ulla/Sar?
Sería unha tristura que desaparecera este plan de prevención, xa que fixo un labor moi positivo no ámbito de prevención a todos os veciños da comarca afectada. Dende logo, dende o Concello de Pontecesures faremos todos os esforzos para que se manteña ou estar integrados nestes programas xa que nos parecen positivos cara ao futuro da xuventude desta zona.
Que medidas toman contra as contínuas denuncias de verquidos no río?
As medidas correspondentes como é avisar ao Seprona, Medioambiente, e notificar aos causantes dos vertidos para que se tomen as medidas correctoras e non volten a suceder.
? vostede máis partidario de mancomunar servizos ou da fusión de concellos que tanto se está a falar?.
Nós sempre fomos partidarios de mancomunar servizos, pero non se pode ter unha mancomunidade abstracta como é a mancomunidade que non oferta ningún servizo para os veciños dentro desa mancomunidade. Estamos en contra da susión dos concello pola nosa historia, idiosincrasia, etc… O que si estamos polo labor de repenssar o funcionamento da mancomunidade para que realmente funcione.
Ultimamente, o edil independente (ACP) fala dunha oleada de roubos na vila. Se é certo, que medidas están a tomar a tomar para incrementar a seguridade?
Esta persoa é alarmista e está obsesionada por todo aquilo que signifique alarma, pero os datos son obxectivos. A pesares de que si houbo roubos e remitimos escritos á Subdelegación do Goberno para que houbese máis presenza policial, eles remitíronos un escrito, que xa nos explicara anteriormente, onde se pon de manifesto que o Concello de Pontecesures é un dos máis baixos da comarca en nivel de delincuencia e criminalidade. Aínda así, cremos que canta máis presenza policial haxa, e así seguiremos insistindo, suporía un elemento disuasor para aqueles que queiran cometer un delito.
Cal é a súa política en materia social, cultural, educativa, e medioambiental?. Que actividades e programas desenvolven e canto invirten en eles?.
Nas circunstancias nas que nos encontramos para nós o máis importante é o labor social. En Servizos Sociais o concello gastou 260.000 euros. E no apartado de servizos sociais comunitarios incrementouse en 3.000 pasando de 100.000 no 2011 a 103.000 no ano 2012. A nosa intención é tentar iuncrementar isto no 2013 para atender ás familias de Pontecesures con necesidades, No apartado de actividades culturais e deportivas, áa que se viñeron facendo nos últimos catro ou cinco anos anteriores.
EN POUCAS PALABRAS
ORZAMENTOS: Polo momento están sen aprobar os de 2013.
D?BEDA: Non tiveron que acollerse ao plan de pagos do ICO.
PROXECTOS: Pospostos tralos recortes e á espera de que mellore a situación económica e volten as axudas.
GASTO SOCIAL: Manteno á espera de amplialo neste exercicio.
VERTIDOS: Espera que manteñan as medidas correctoras.
ROUBOS: Dí que o concelleiro da ACP é un «alarmista».
EL CORREO GALLEGO, 23/01/213