A marxe do río Ulla no porto de Pontecesures en estado lamentable. Escrito de ACP a Portos de Galicia.

As marxes do río Ulla no porto de Pontecesures están, como se aprecia na fotografía, en estado lamentable dende o punto de vista la limpeza. Con maleza crecida e desperdicios entre a mesma se está a dar unha sensación de abandono moi criticado pola veciñanza dende hai moito tempo. Xa medraron incluso arbustos que están a impedir ás numerosas persoas que circulan polo peirao as vistas do río. Incrible que pase isto nos tempos que vivimos.

Resulta decepcionante que precisamente no punto onde remata a Ruta Xacobea Mar de Arousa/Ulla remontando o río, nun paraxe importante da Rede Natura, nunha zona visitada por turistas e cidadáns en xeral da comarca onde incluso hai actividade deportiva con entrenos e competicións de piragüismo, e preto dos pantaláns embarcadoiros se descoiden deste xeito as instalacións portuarias.

? unha vergoña que isto siga así no porto fluvial máis representativo do ente público, e solicítase que, con urxencia, sexan limpadas a fondo as marxes do río no porto de Pontecesures e sexa acometida una actuación (como se anunciou hai tempo) para colocar pedra co correspondente encintado en todo o noiro que vai dende a estrada do peirao ata as augas.

Pontecesures, 15/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

ESTE SABADO 15 II EDICION DO TORNEO DE 3×3 BASKET NA RUA NA PLAZUELA

Marcando o inicio dunha nova tempada baloncestística, este sábado o Club Baloncesto Rio Ulla organiza a II edición do Basket na Rua, que se celebrará ó longo de toda a xornada,  ampliándose o torneo respecto á I edición.

– Hai 3 categorias:

A) Destinada a nenos/as nados entre 2001 a 2004 (minibasket).

B) nenos/as nadas entre 1997 a 2000.

C) Maiores: Nados/as en 1996 e anteriores.

– As 2 categorias para os mais novos (A e B) xogaránse pola mañá dende as 10 da mañá.

– Pola tarde, dende as 16 h. xogaráse a categoría C.

– As semifinais e final da categoria B, xogaranse despois das 7 da tarde, alternando cas semifinais e final da categoria C.

– Contaremos con sorteos de obsequios donados polas casas comerciais que colaboran nesta edición, e ás que lle agradecemos seu esforzo:

BELBELLITA AGASALLOS E COMPLEMENTOS; COMERCIAL MONCHO; CASA CHAVES; INFO SERVI; ELECTRONICA COUSELO; DEPORTES PODIO E XOIERIA RIVEIRO.

 

Ruta “Desembocadura Sar-Ulla” ,do Programa Goza do Ulla, en Padrón.

Ruta que discorre por diversos lugares de Padrón, percorre tramos do río Ulla e a súa confluencia co río Sar.

Esta ruta está programada para o sábado 8 de setembro dentro do Programa GOZA DO ULLA que inclue outras rutas por concellos que están bañados polo río Ulla.

A duración estimada desta ruta é de 3 horas. Inscricións para o 8 de setembro no teléfono 981 881 329 ou no mail  deportespadron@yahoo.es

Lugar e horario de saída: No Centro Social de Padrón ás 10.00 horas.

Información completa do Programa GOZA DO ULLA con tódalas rutas neste enlace:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=382

 

 

Grande éxito de participación na ruta “Ollando o Ullán”.

Cunha participación de 40 persoas (na fotografía faltan unhas 15 persoas) no día de onte, 2 de setembro,  levouse a cabo  esta ruta, que está enmarcada no Programa Goza do Ulla polo cal que se realiza unha ruta por cada concello polo que transcorre o río Ulla.

Os participantes, a maioría de fora de Pontecesures, mostraron o seu agrado polo trazado e paisaxes da ruta que cubríu unha distancia de 17,5 km pasando por lugares como o monte de Castro Valente, monte Salgueiras, Campo Redondo, Mirador da Galiñeira, etc.

Máis fotografías no seguinte enlace:

http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=34&gal=39