Las subvenciones a clubes y asociaciones centran la polémica en Pontecesures.

Los seis votos del tripartito fueron suficientes para aprobar el Presupuesto de 2012 de Pontecesures, que asciende a 1.829.176,97 euros, de los que apenas 39.800 se destinan a inversiones. De la cantidad global, el 87% se va directamente a gastos de personal (754.755,19 euros) y a bienes corrientes y servicios (884.082,06 euros).
No obstante, no fueron estas las cifras que centraon el debate, ya que como apuntó el portavoz de ACP, Luis Sabariz, «o documento é practicamente unha mera liquidación, pois xa estamos en decembro». Fueron las cantidades destinadas a subvenciones para clubes y asociaciones culturales las que agitaron a los grupos de la oposición. «Cambiáronas grazas a que decidín pulicar os datos das subvencións en www.pontecesures.net e houbo chamadas de presión e mesmo tiveron unha reunión de emerxencia favorecendo a grupos afíns e cabrearon a todo o mundo».
La portavoz de IP, Maribel Castro, también preguntó por estas modificaciones justo antes del pleno, que el alcalde, Luis Álvarez Angueira, achacó a «erros de transcripción». Su homólogo del PP, Juan Manuel Vidal Seage, aludió al «reparto discrecional das subvencións» y apuntó que la cifra total aumenta 6.000 euros a pesar de la necesidad de lograr la estabilidad presupuestaria. «Sen entrar a valorar se hai pleitesía, deberían pensar con que criterios ponderan as subvencións».
«Os mesmos que o goberno anterior, criterios de continuidade (respondió Angueira). Hai tres asociacións que moven o deporte e son piares básicos por número de fichas». Se trata del Club Náutico, que recibe 11.500 euros (en principio eran 11.000); el Club Baloncesto Río Ulla, que pasa de 1.600 a 2.100 euros tras la modificación de última hora, y el Ulla CF que se queda con 1.60o. euros. A estos club se suman los 9.000 euros destinados a la Asociación Mirándolle os Dentes (en principio eran 10.000).
En este caso Angueira justificó la ayuda en un compormiso adquirido con el colectivo antes de la celebración de la pasad edición de Fegaclasic y puntualizó que era un «feito puntual» y que no quedaría establecido para el próximo año. «Non sabemos se a seguirán organizando nin tampouco se poderemos seguir repartindo subvencións. Posiblemente haxa que recortalas ou eliminalas».
Asimismo, se defendió recordando los 40.000 euros destinados por el anterior gobierno local a una empresa que organizó un evento similar en años anteriores «mentres unha asociación de aquí o fai mellor».
Otras ayudas van para la asociación O Faiado da Memoria (pasó de 1.000 a 500 euros) y esta misma cantidad se destina a la AC Pontecesures que antes se iba de vacío, Xarandeira (500 euros), Algueirada (500 euros), ANPA CPI Infesta (500 euros), A Barcarola (500 euros), TX RACE (300 euros) y a la Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (300 euros).
Angueira admitió que no es normal aprobar el presupuesto a estas alturas y cofía en «definir o perfil económico» de las cuentas 2013 en «xaneiro ou febreiro».

DIARIO DE PONTEVEDRA, 04/12/12

O goberno local segue a titubear coas subvencións de asociacións e clubs e troca as contías de varias.

Agora resulta que na proposta do documento orzamentario o Faiado na Memoria aparece con 500 euros cando antes tiña 1.000 euros e a Asociación Mirándolle os Dentes aparece con 9.000 euros cando antes tiña 10.000 euros.
Con estes 1.500 euros, concédense 500 euros á AC Pontecesures que antes non levaba subvención, 500 euros más son para o Club Náutico que pasa de 11.000 a 11.500 euros e os 500 euros restantes son para o Club Baloncesto Río Ulla que pasa de 1.600 a 2.100 euros.
O resto segue como estaba no documento que publiquei o sábado: Ulla CF (1.600 euros), AC Xarandeira (500 euros), AC Algueirada (500 euros), ANPA CPI Infesta (500 euros), A Barcarola (500 euros), TX RACE (300 euros) e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (300 euros).

Lémbrase que o pleno é hoxe luns ás 13:30 horas.

O día 12 de outubro, festividade do Pilar en San Xulián.

-Pola mañá haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas da A.C. Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas terá lugar a Misa Solemne na Capela do Pilar de San Xulián con sermón oficiada polo párroco, Arturo Lores Santamaría, que será cantada polo coro SI VIS ME CANEDE de Santiago de Compostela.
-Ao remate procesión coa imaxe da Virxe do Pilar en San Xulián pola rúa do mesmo nome.
-De seguido, actuación do grupo folclórico da A.C. Xarandeira de Pontecesures,

O custo da misa solemne é afrontado pola familia Otero Vidal, mentres que o custo do coro é afrontado pola asociación de veciños de San Xulián que se encarga da organización dos actos.

Lémbrase que dende o día 3 de outubro e ata o propio 12 de outubro, hai todos os días misa e novena ás 19:30 horas na Capela do Pilar.

Festas do Carme 2012 en Pontecesures.

Sábado 30 de xuño.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Algueirada de Pontecesures.
-Ás 9:30 horas partirá da Plazuela a 1ª Andaina Solidaria.
-Ás 10:00 horas disputarase no campo Ramón Diéguez o 1º Trofeo Peña Barcelonista Bella Otero que ten a sede na Charca (Valga) e Concello de Pontecesures de fútbol sete.
-A partires das 11:00 horas comezará no peirao o Ghaitellón organizado pola A.C. Xarandeira, 1ª xuntanza 24 horas de músicas tradicionais.
-Ás 22:00 horas na Plazuela, proxección de «Pontecesures unha ollada cara atrás» organizada polo Faiado da Memoria.

Domingo, 1 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade.
-Ás 13:00 horas, concerto da anterior banda de música.
-Ás 18:00 horas, tradicional Desfile Valeiro
-Ás 18:30 horas, Misa Cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures.
-De seguido, sairá a Procesión do Carme.
-Ao remate, concerto da Banda de Música Cultural de Arcade na Plazuela.
-Ás 22:00 horas, verbena coas orquestras América e Trébol.

Luns, 2 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas, Misa Cantada pola coral de A Barcarola na honra do Santo Antón.
-Ás 13:00 horas, actuación do grupo Xarandeira na Plazuela.
-As 16:00 horas, festa infantil con inchables, obradoiros para nenos, festa da escuma, etc…
-Ás 20:00 horas, actuación do grupo Algueirada na Plazuela.
-Ás 21:00 horas, V Festa do Churro na que participarán as seguintes churrerías: Isolina, Chocolatería Sandra, Jamardo, Marisú, Lucy, Chocolatería Fina, Chocolatería artesana Patri, Benedicta, Neli Mambís e La Cesureña. Estará amenizada polo trío Soprano.

Actividades polo día das Letras Galegas en Pontecesures.

ACTIVIDADES DO FIN DE SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO DE PONTECESURES

Con motivo do día das LETRAS GALEGAS o Concello de Pontecesures ten organizadas as seguintes actividades:

VENRES 18 DE MAIO no CENTRO SOCIAL ás 20.00 horas:

  • Lectura do CORRELINGUA gañador na edición deste ano a cargo dos alumnos do CPI de Pontecesures (autores deste texto).
  • Lectura de poemas de CANDIDO DURO, a cargo do propio autor.
  • Proxección do documental ??ESTA NOITE, VELADA?.

SÁBADO 19 DE MAIO  a partir das 18.00 horas:

  • Desfile de grupos folclóricos polas rúas de Pontecesures.
  • A continuación, na Plazuela, certame folclórico coas actuacións destos grupos:
  1. Asociación Cultural XARANDEIRA de Pontecesures.
  2. Asociación CASTELLANOS DE OLID de Valladolid.
  3. Grupo folclórico ALGUEIRADA de Pontecesures.
  4. Agrupación Municipal de COROS E DANZAS DE BECERRIL da Serra de Madrid.

DOMINGO 20 DE MAIO no CENTRO SOCIAL ás 18.00 horas:

  • Nova xuntanza da Asociación O FAIADO DA MEMORIA na que se poderá ver novo material recopilado e tamén se recollerán e escanearán novas fotografías aportadas polos asistentes.