O campo da festa acolle a novena edición da Fervenza de Músicas, que conta coa participación de dous grupos locais e agrupacións de Santiago, Dumbría e Pontecesures // A foliada, organizada con fondos propios da asociación, inclúese no programa das festas do Socorro.
A parroquia estradense de Ouzande enchese mañá, venres, de son tradicional coa celebración da novena edición da foliada Fervenza das Músicas, que reúne a centos de artistas vinculados coa música popular galega. O certame, organizado pola asociación Fervenza de Ouzande e incluído no programa das festas do Socorro, foi creado como unha actividade dirixida a promocionar e divulgar a musica galega ??tal como o facía, ata a súa desaparición en 2007, o festival Músicas da Terra?, explican os seus promotores.
Nesta nova edición participan cinco agrupacións de música tradicional e popular, dúas da localidade estradense e as outras tres de Pontecesures, Santiago e Dumbría. ??A iniciativa cumpre o obxectivo fundamental de posibilitar o intercambio cultural e musical con outras iniciativas e grupos semellantes, achegando agrupacións da comarca e de zonas próximas?, dín os membros de Ouzande.
As actuacións dos grupos convidados serán todas «a pe de campo», explican, «mesturándose entre o público, tratando así de recuperar o sabor e ambiente das fooliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes».
A IX Foliada terá lugar mañá venres no campo da festa de Ouzande a partires das 22 horas.
No lugar haberá postos de polbo e churrasco, así como servizo de bar. A asociación terá un stand no que porá á venda as camisetas oficiais 2016, deseñadas pola ouzandesa Rosa de Cabanas.
En canto aos grupos abre as actuacións AC Xarandeira de Pontecesures. A agrupación, que ten 50 integrantes de todas as idades, naceu en 2003 no concello pontevedrés por iniciativa dun grupo de personas con inquedanzas polos costumes e o folk galego.
El Correo Gallego