OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO A GROBAS.

O Concello de Pontecesures está executando as “Obras de Mellora do camino de Acceso a Grobas”.

Esta actuación consiste nunha actuación integral de mellora do antedito viario, no tramo que se atopa en peor estado, que é o que vai desde o inicio do mesmo na PO-214 ata Grobas.

Actualmente os camiño contan cun pavimento de aglomerado asfáltico e unha sección constante de 5,80 metros, agás no enlace coa PO-214, onde se amplía a sección ata os 10 metros.

O firme presenta un estado batante heteroxéneo, pero atópase en xeral bastante deteriorado polo intenso uso e pola forte pendente, con moitas zonas nas que o pavimento asfáltico está agrietado e desagregado, chegando a formarse fochancas nos puntos máis conflitivos.

O viario necesita, ademais dunha renovación da súa capa de rodadura, dunha limpeza de marxes, tanto por cuestión de seguranza do tráfico (rodado e peonil) como para mellorar a durabilidade do asfalto.

As obras executadas para a mellora da súa pavimentación son as seguintes:

– Limpeza de marxes

– Fresado de 5 cm do aglomerado asfáltico actual nos enlaces

– Varrido do firme actual por medios mecánicos

– Rego de adherencia

– Capa de 6 cm de MBC tipo AC16 surf D-12

– Marca vial continua mediante pintura reflexiva con microesferas de vidro.

Esta obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe de 30.960,28€ dos que 25.587,01€ son financiados pola Xunta de Galicia a través do AGADER e 5.373,27€ pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 Liña 1.

A BANDA DA LOBA na Plazuela de Pontecesures.

O concerto encádrase nos actos da Xunta polo Día das Letras Galegas

A BANDA DA LOBA rende tributo a Xela Arias, a escritora, poeta, editora e tradutora á quen este ano vai adicado o Día das Letras Galegas. Este quinteto feminino, que mestura música tradicional e vangarda, actuará o vindeiro venres 8 de Outubro na Plazuela a partires das 20 horas.

A iniciativa, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte da programación institucional das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia. Entrada gratuíta ate completar aforo.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS DA XUNTA DE GALICA PARA PERSOAS TRABALLADORAS AFECTADAS POR UN ERTE (EXPEDIENTE DE REGULACIÓN TEMPORAL DE EMPREGO) COMO CONSECUENCIA DA COVID-19.

Axuda de 500 € por traballador/a.

Prazo de solicitude ata o 25 de outubro de 2021.

Documentación a presentar:

  • Anexo I (Solicitude).
  • Vida laboral dende o 14/03/2020 ata o 23/09/2021.

Descarga das bases da convocatoria no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) e do anexo I (formulario de solicitude):

 BASES
 FORMULARIO DE SOLICITUDE

Amosa o BNG o compromiso coa planta de lixo lousamiá onde se leva o lixo de Pontecesures.

O BNG vén de sumarse ás reivindicacións das centrais sindicais e do colectivo de traballadores e traballadoras da Mancomunidade Serra do Barbanza, que reclaman garantir a continuidade do cadro de persoal, máis de 150 traballadores/as, do Complexo Medioambiental de Lousame a partir do ano 2023, período no que remata a actual concesión de FCC.

Os representantes municipais do Bloque dos concellos aos que presta servizo (Ames, Brión, Lousame, Rois, Noia, O Son, Muros, Carnota e Pontecesures), xunto cos deputados do Parlamento galego Rosana Pérez e Xosé Luís Bará, mantiveron unha xuntanza para analizar a situación na que se atopa a citada mancomunidade e solicitar a convocatoria dunha asamblea da entidade supramunicipal.

Insisten en que “a Mancomunidade debe dotarse dun novo órgano de xestión permanente. O actual modelo de rotación da presidencia e secretaría da entidade entre concellos non é operativo, polo que resulta fundamental a redacción dun novo convenio e licitar o servizo antes de finalizar a actual concesión administrativa no ano 2023”.

Asemade, avanzaron que solicitarán a colaboración institucional da Xunta.

El Correo Gallego

MELLORAS NAS INSTALACIÓNS DO CPI E ESCOLA INFANTIL DE PONTECESURES.

De cara ao inicio do vindeiro curso escolar 21/22, o Concello de Pontecesures, en colaboración coa dirección do centro, está a coordinar as labores de limpeza, mantemento e mellora do CPI Pontecesures.

Aos arranxos precisos para garantir o bo funcionamento do centro, súmanse as labores de pintado de diversas áreas na zona exterior e peche perimetral, destinadas a mellorar notablemente a percepción do complexo educativo.

Por outra banda, grazas ao compromiso por parte da Delegación Territorial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, logo de ser informados da necesidade desta actuación por parte do Concello, nos vindeiros días, darase inicio ao proxecto de pintado da práctica totalidade das aulas que conforman o edificio de Primaria e Secundaria, así como das zonas comúns do mesmo.

Estos traballos completan as obras de rehabilitación integral e mellora da eficiencia enerxética acometidas no pasado curso por un importe de 762.000 €

Asimesmo, o persoal do servizo de obras do Concello está a levar a cabo as actuacións pertinentes nas instalacións da Escola Infantil Municipal de Pontecesures para dar acollida ás/aos cativas/os no novo curso, que dará comezo o próximo 1 de setembro.

Alfonso Rueda refrendará hoy su apuesta por Mar de Santiago como destino turístico seguro.

El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, expresó ayer su convencimiento de que esta ruta y la gastronomí son dos valores seguros para proyectar Vilanova al turismo

08 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h. Comentar ·

Como no podía ser de otro modo después del apoyo económico de Xunta al proyecto turístico Mar de Santiago, auspiciado desde Vilanova y compartido por los concellos de Catoira, Valga y Pontecesures. El vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda, expresó ayer su convencimiento de que esta ruta y la gastronomía -con el mejillón como principal exponente- son dos valores seguros para proyectar Vilanova al turismo.

Sin duda, hoy se pronunciará en términos parecidos con motivo de su visita a la localidad, adonde ha sido invitado para recibir la distinción de la Festa do Mexillón e do Berberecho, que ayer agradeció a través de la prensa al pueblo vilanovés. «Como responsable de Turismo da Xunta son consciente da importancia que teñen produtos galegos como o mexillón e o berberecho na nosa proxección como modelo turístico de calidade. E con máis motivo neste Xacobeo tan especial no que os peregrinos -que querían camiñar de novo a Galicia e por fin xa poden facelo, porque Galicia é un destino seguro- teñen nesta festa un lugar de acollida no que recuperar forzas na súa andaina cara Santiago ao seu paso pola marabillosa ría de Arousa a través da ruta Mar de Santiago», indicó Rueda.

La Voz de Galicia