Como chegar a Pontecesures
O concello cesureño atópase moi ben situado. E punto de paso do ferrocarril galego dende 1873 e de dúas das rutas do camiño de Santiago: A ruta do camiño Portugués, e a última etapa do Camiño do mar de Arousa e río Ulla.
A Pontecesures podese chegar pola autoestrada AP-9, a vía rápida do Barbanza VRG-11 e a estrada N-550.
A distancia das principales cidades galegas son:
- A Coruña: 87 km
- Ferrol: 116 km
- Lugo: 117 km
- Ourense: 99 km
- Pontevedra: 35 km
- Santiago de Compostela: 24 km
- Vigo: 61 km
0 comentarios