El eclipse también protagonista en Pontecesures.

La Diputación de Pontevedra dará a los ayuntamientos el material necesario, como las gafas, para que lo repartan entre los vecinos

Eclipse parcial.

Técnicamente, será en Pontecesures donde comience y termine antes. Lo hará a las 19:32 horas exactas, y dejaremos de verlo a las 21:22:59, siendo el mayor momento de ocultación a las 20:29:21. La hora exacta por concellos se puede consultar en la web de Turismo de Galicia, que ha desarrollado una plataforma específica con datos sobre el eclipse.

Actividades

La alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino cree que se trata de una buena oportunidad para mostrar que la comarca tiene mucho más potencial que ofrecer: «É interesante porque se trata de fomentar outro tipo de turismo, ligado á nosa riqueza patrimonial, científica e natural», apuntaba la regidora. En el caso de Pontecesures, el punto de observación principal será o Mirador do Galiñeiro: «Nós estamos moi interesados, de feito enviamos xa toda a documentación que se nos requiriu no mes de xaneiro», explicaba la alcaldesa.

Para Maite Tocino, es un camino por el que hay que seguir avanzando, una forma de poner en valor y «repectar o entorno e ás persoas que viven todo o ano nel, pero tendendo tamén a man aos beneficios que pode deixar o turismo no tecido económico da nosa localidade».

La Voz de Galicia

O eclipse dende o Galiñeiro.

O próximo martes 12 de agosto poderase observar un eclipse solar parcial dende Pontecesures, e dende o Galiñeiro haberase un espazo de observación para gozar deste fenómeno astronómico.

Trátase dun eclipse solar total visible no norte de España, mentres que dende a nosa zona se verá como parcial, pero igualmente espectacular. A sombra da Lúa percorrerá España en dirección sueste a última hora da tarde.

Horarios dende Pontecesures:

🕐 19:32h — Inicio do eclipse parcial
🟠 20:29h — Máximo do eclipse

O Galiñeiro será un bo punto de observación dende o que contemplar o fenómeno. Recoméndase usar gafas de sol especializadas para eclipses ou filtros certificados, xa que mirar directamente ao sol sen protección pode causar danos irreversibles nos ollos.

Cartel eclipse solar 12 de agosto 2026 dende o Galiñeiro

Hace 50 años: Multitudinaria peregrinación de Iria Flavia.

Ayer a las doce de la mañana entró en la catedral la peregrinación arciprestal de Iria Flavia que trajo a Santiago una considerable multitud.

Es un arciprestazgo ya que comprende 250 kilómetros cuadrados con una población de cerca de cuarenta mil habitantes de parroquias enclavadas en los ayuntamientos de Padrón, Rianxo, Catoira, Dodro, Pontecesures y Valga,

Sección HACE 50 AÑOS

El Correo Gallego

Trinta embarcacións tradicionais despregan velas entre Rianxo e Padrón na honra de Rosalía.

Na Inchadiña Branca Vela participaron polbeiras, xeiteiras, unha buceta, un bote, unha gamela, unha traíña, un galeón ou un volanteiro.

Chegada das embarcacións a Padrón.
Chegada das embarcacións a Padrón.

Polbeiras, xeiteiras, unha buceta, un bote, unha gamela, unha traíña, un galeón, un volanteiro… Trinta embarcacións tradicionais sucaron este sábado os ríos Ulla Sar, dende Rianxo ata Padrón, con Rosalía de Castro por bandeira.

Embarcacións durante a travesía.
Embarcacións durante a travesía.

Nove barcos zarparon do porto de Rianxo ás 10.30 horas para formar a espectacular frota da Inchadiña Branca Vela, mais a maioría saíron da praia fluvial de Vilarello (Cordeiro, Valga) remontando o río Ulla e o Sar.

Foi unha navegación rápida, debido ao vento e a marea a favor, que axudou tanto na subida a vela como a remo no tramo do Sar. 

Foron máis de 20 dornas (de diferente tipo: polbeiras, de tope, xeiteiras), unha buceta, un bote de Noia, unha gamelas da Guarda, unha traíña, un galegón do Ulla e o impresionante volanteiro da Guarda (O Piueiro) co velame dedicado a Rosalía.

Acto celebrado no Paseo do Espolón, cos participantes na Inchadiña Branca Vela alzando os remos.
Acto celebrado no Paseo do Espolón, cos participantes na Inchadiña Branca Vela alzando os remos. 

Todas elas responderon á convocatoria da Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de PadrónRianxoCatoiraDodro Valga.

Á súa chegada a Padrón, pasadas as seis da tarde, as embarcacións participantes homenaxearon a Rosalía de Castro cun fermoso despregamento de velas.

Remos depositados ante a estatua de Rosalía de Castro.
Remos depositados ante a estatua de Rosalía de Castro.

Ao pé do Paseo do Espolón os barcos flamexaron as velas ao ritmo da Marcha do Antigo Reino de Galicia e houbo unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía.

A continuación, os mariñeiros e mariñeiras ofreceron os seus remos á ilustre autora. Ademais, o cantautor Secho, de Dodro, interpretou o tema Inchadiña Branca Vela para os presentes.

Unha das embarcacións participantes, con Rosalía por bandeira na súa vela.
Unha das embarcacións participantes, con Rosalía por bandeira na súa vela. 

No acto participaron os alcaldes de Padrón, Anxo Arca; Rianxo, Julián Bustelo; e Dodro, Francisco Xabier Castro.

Chegada da Inchadiña Branca Vela a Padrón.
Chegada da Inchadiña Branca Vela a Padrón.

Esta actividade celebrouse por primeira vez no ano 2013, para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.

Os participantes na Inchadiña Branca Vela, cos remos en alto no Paseo do Espolón.
Os participantes na Inchadiña Branca Vela, cos remos en alto no Paseo do Espolón.

A iniciativa xurdiu co obxectivo e recuperar a imaxe das dornas que Rosalía inmortalizou nos seus versos mentres remontaban o Ulla, unha imaxe moi habitual no século XIX, cando este río era unha importante vía de comunicación e comercio.

Fundación Rosalía de Castro propúxolle á Escola de Navegación Tradicional Dorna da Illa da Arousa renderlle homenaxe a Rosalía de Castro desde o mar, desde a súa cultura e a súa xente.

El Correo Gallego

As igrexas de Padrón no Camiño reactivan as visitas

Padrón – 24 de xullo de 2026
As igrexas de Padrón no Camiño reactivan as visitas

Os templos de Padrón que forman parte do Camiño de Santiago vense a beneficiar dun aumento notable de peregrinos e turistas este verán. As igrexas da vila, que xogan un papel fundamental na Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, volven recibir unha afluencia importante de visitantes que se achegan a coñecer o seu patrimonio histórico e relixioso.

A reactivación das visitas supón un pulo para a economía local e para a posta en valor do patrimonio padronés, nun ano xacobeo no que o fluxo de peregrinos cara a Compostela é especialmente relevante.

Fonte: La Voz de Galicia

Portos de Galicia prorroga a xestión da piscina de Pontecesures ata 2028

Pontecesures – 24 de xullo de 2026
Portos de Galicia prorroga a xestión da piscina municipal ata 2028

Portos de Galicia outorgoulle ao Concello de Pontecesures unha prórroga na xestión da piscina municipal que se prorrogará ata o ano 2028. Esta decisión permite que o concello cesureño siga a ofrecer este servizo básico aos veciños e veciñas durante os próximos veráns, garantindo a continuidade dunha instalación fundamental para a práctica deportiva e o lecer.

A prórroga supón unha boa noticia para a comunidade, que poderá seguir a disfrutar da piscina sen interrupcións na súa operación.

Fonte: Xunta de Galicia