El PP de Pontecesures califica as obras de Carlos Maside como “cartos enterrados nun entorno ruinoso” ante a quinta prórroga
O Partido Popular de Pontecesures volve cargar contra a xestión do goberno local nas obras da rúa Carlos Maside, que xa van pola quinta prórroga sen data clara de remate.
“Cartos enterrados”
O portavoz popular, Juan Manuel Vidal Seage, cualifica a actuación de “cartos enterrados nun entorno rodeado de edificios en estado ruinoso”. A obra, que arrancou en outubro de 2025 cun prazo previsto de catro meses, sume xa case medio millón de euros cofinanciados co Plan Extra da Deputación de Pontevedra (416.000 euros).
Proxecto sen rigor
Os populares sinalan que o proxecto se redactou “sen rigor”, xa que non se coñecía con exactitude por onde pasaban as tomas de auga e luz. Segundo Seage, “o resultado foi perforar unha liña de media tensión que deixou a escuras a veciños e empresas en máis dunha ocasión”, e engade: “isto non é mala sorte, é falta de xestión”.
A quinta prórroga, de aproximadamente 30 días, tería que estar a punto de finalizar, aínda que desde o PP adverten de que a obra, presentada polo goberno como “faraónica e emblemática” do mandato, acabou sendo “desastrosa” tanto pola tardanza como polo conxunto da actuación.
Fonte: Diario de Arousa
0 comentarios