Caderno de ditados do Fondo de Música Tradicional (IMF-CSIC): o alalá «Cando queiras vir a verme», ditado en 1956 por Manuela Mougán Castelao. Preme na imaxe para vela a tamaño completo.
Comeza unha serie de tres entradas adicadas a un tesouro: a historia da música tradicional galega que se conserva no Fondo de Música Tradicional (FMT) do Instituto Milá i Fontanals (IMF-CSIC). Trátase do maior arquivo en liña con base de datos de música de tradición oral do mundo hispánico: un repertorio de máis de 61.000 pezas recopiladas principalmente en España durante o século XX, que constitúen un patrimonio inmaterial de gran valor social, educativo e cultural.
E a primeira peza da serie é de aquí: o alalá «Cando queiras vir a verme, vente pola ventaniña», ditado en 1956 por Manuela Mougán Castelao, veciña de Pontecesures, que nesa altura tiña 65 anos.
A imaxe desta entrada é a folla orixinal dos cadernos de ditados, onde o alalá aparece como peza número 5, anotado en Larghetto. A nota a man do recolledor garda un detalle precioso: Manuela dita «o que oíu ao seu avó» — unha canción que xa viña de moi lonxe cando pousou no papel.
Como cada peza do fondo, o alalá está catalogado con toda a información técnica, entre ela o seu contorno melódico: =0=0=0+4+1+2, a sinatura que resume o debuxo da melodía, nota a nota.
Na mesma folla consérvanse outros dous alalás recollidos a xente doutras vilas, cada ficha co nome, a idade e o oficio de quen cantaba e de quen escoitara os cantos: unha cadea de memorias que converte estes cadernos nun arquivo vivo da música popular.
Nos próximos días publicaremos as outras dúas entradas da serie, con máis pezas deste fondo.
O proxecto artístico e participativo «O noso Camiño», impulsado polo fotógrafo Adolfo Enríquez de cara ao Xacobeo 2027, chegará este mércores 2 de setembro a Pontecesures.
A instalación propón recoller as impresións de peregrinos e veciños sobre a súa experiencia no Camiño de Santiago: en cada parada colócanse fichas de gran formato con preguntas diferentes, que os participantes van encajando entre si ata formar unha escultura colectiva e orgánica, distinta en cada municipio.
En Pontecesures poderá visitarse no Miradoiro do Pino Manso desde as 09.00 horas deste mércores.
Tras pasar pola vila, a fase inicial do proxecto seguirá estes pasos:
Xoves 3: O Pino, en Santa Irene, xunto ao albergue de peregrinos, desde as 09.00 horas
Venres 4: Fisterra, na Praza da Constitución, desde as 10.30 horas
Domingo 6: Feira de Lestedo (Boqueixón), aproveitando o día de mercado
Tamén podes participar a distancia: na web oficial onosocamino.com podes deixar o teu email para recibir gratuítamente o libro electrónico que creará o fotógrafo Adolfo Enríquez con imaxes do Camiño, inspirado nas respostas recollidas nesta escultura colectiva.
A acción arrincou a pasada semana en Mesía e percorre municipios dos Camiños de Santiago en Galicia para recoller a pegada humana do territorio antes do ano santo.
Exposicións, charlas e talleres encherán a vila durante o mes de outubro
Rosi Pardal e Laura Paz son desas persoas que decidiron convertir a súa paixón no seu traballo. Así que son fotógrafas de profesión e por devoción. Hai case un ano abriron en Pontecesures o seu estudo, Chíscame un ollo: un lugar dende o que axudan á xente a fixar recordos, a inmortalizalos en imaxes. No novo estudo non tardou en prender outra idea: desenvolver todo un proxecto de difusión dos valores da fotografía. Así naceu Chiscarte, unha ambiciosa proposta cultural que se vai desenvolver ao longo do mes de outubro na pequena vila deitada a carón do Ulla.
Chiscarte é unha colección de oportunidades tanto para quen sabe como facer unha foto como para quen, simplemente, goza vendo esas imaxes. Entre o antigo matadoiro e o centro social cesureños, desenvolveranse máis de vinte eventos entre charlas, exposicións e talleres. O programa, cheo de referencias e referentes, desenvolverase nas fins de semana de outubro. Trece días nos que se brinda a oportunidade de coñecer a grandes figuras como a da documentalista Judith Prat, que impartirá un taller sobre foto, memoria e contranarrativa. Ou Rafa Badia, co que se poderá traballar sobre o concepto de fotografía de rúa centrado na observación, a luz, o encadre; ademais de Silvia Ayerra, que abordará a fotografía como ferramenta de autocoñecemento. Ou Marcos Rodríguez, que entende a fotografía como unha forma consciente de mirar e comprender o mundo. Completan o elenco de artistas invitados Mar Hausmann, cunha formación práctica sobre intelixencia artificial; Roberto Aguirrezabala, cun obradoiro de creación de libros; Tono Arias que falará de proxectos editoriais; Brais Lorenzo, cun obradoiro práctico de reportaxe fotográfico; Ana Palacios que reflexionará sobre a creación de narrativas a través das imaxes e Andrea Fernández, responsable do proxecto creativo La Platanera, de A Illa.
Ademais destes atractivos obradoiros, haberá presentacións de libros, proxeccións… Nun territorio tan fértil, é fácil que xurdan novas ideas. E iso parece ser que vai pasar aquí. O día 24 de outubro preténdeselle comezar a dar forma a Arxila, «un proxecto fotográfico colaborativo para recuperar a memoria da antiga fábrica de cerámica de Pontecesures». O encontro está aberto a todas aquelas persoas que desexen colaborar nesta iniciativa, que encaixa no tempo cos plans que o Concello de Pontecesures ten en marcha para por en valor a historia e o legado da Cerámica Celta, unha das aventuras culturais e estéticas máis deslumbrantes da historia de Galicia e que tipo como escenario a Pontecesures de cen anos atrás.
Ás 21:00 h, na Praza de Macías (Padrón), viviremos unha noite chea de emoción con Paco Lodeiro, Laura Añón e César Romero, acompañados pola Banda de Música Municipal de Padrón, baixo a dirección de Santi Mella.
Hoxe venres, 8 de agosto, ás 20:30h, a Plazuela de Pontecesures acolle un obradoiro de baile latino co alumnado que participa nesta actividade organizada polo Concello.
Trátase dunha actividade gratuíta e ao aire libre, coa que se pretende achegar a danza e o movemento a veciños e veciñas de todas as idades. O obradoiro de baile é unha das propostas culturais do verán pontecesurense, dentro do programa de actividades do Concello de Pontecesures.
O Concello de Pontecesures ven de recepcionar as obras de peche exterior no conxunto histórico da Cerámica Celta – Caleras do Ulla, así como a eliminación de maleza e restos vexetais das fachadas dos fornos.
Tras a recente recuperación destes terreos para o concello o pasado mes de xaneiro,𝐚 𝐩𝐫𝐢𝐨𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 é 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐢𝐫 𝐚 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐫𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐞𝐫𝐯𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐭𝐞𝐬𝐨𝐮𝐫𝐨 𝐝𝐚 𝐚𝐫𝐪𝐮𝐢𝐭𝐞𝐜𝐭𝐮𝐫𝐚 𝐢𝐧𝐝𝐮𝐬𝐭𝐫𝐢𝐚𝐥.
𝐂𝐮𝐧 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝟑𝟗.𝟒𝟏𝟎,𝟐𝟗 € protexemos os bens que aínda se conservan na antiga fábrica e realizáronse tarefas de retirada de maleza das edificacións
Instalación dun novo enreixado metálico de 2 metros sobre o muro de pedra actual.
Colocación de dous novos portais corredeiros para controlar o acceso.
Nova sinalética de aceiro para identificar este emblemático conxunto.
Asemade, 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐢𝐧á𝐫𝐨𝐧𝐬𝐞 𝟏𝟔.𝟔𝟗𝟖 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 á redacción do “𝗣𝗹𝗮𝗻 𝗗𝗶𝗿𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗥𝗲𝗰𝘂𝗽𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗼 𝗘𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗖𝗲𝗿á𝗺𝗶𝗰𝗮 𝗖𝗲𝗹𝘁𝗮”, adxudicado ao arquitecto Luis Gil Pita. O plan redáctase coa vocación de 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚𝐫 𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐮𝐭𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐩𝐨𝐬𝐭𝐚 𝐞𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫 𝐞 𝐫𝐞𝐡𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐭𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐢𝐧𝐝𝐮𝐬𝐭𝐫𝐢𝐚𝐥 𝐞 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥, 𝐜𝐨 𝐟𝐢𝐧 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐠𝐫𝐚𝐫 𝐧𝐨𝐯𝐨𝐬 𝐮𝐬𝐨𝐬, 𝐭𝐚𝐧𝐭𝐨 𝐡𝐢𝐬𝐭ó𝐫𝐢𝐜𝐨𝐬(divulgación da traxectoria da Calera e da Cerámica Celta)𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗲𝗺𝗽𝗼𝗿á𝗻𝗲𝗼𝘀, destinados a resignificar o lugar como espazo de encontro social e cultural.
Este proxecto é fundamental para a futura rehabilitación da zona como recurso turístico, apostando pola autenticidade do noso pasado artesanal, máis tamén como espazo de lecer e de recuperación e divulgación dun dos maiores fitos culturais e industriais da historia do Concello de Pontecesures.
Actuación financiada pola Asociación Mar de Santiago a través dos fondos NextGenerationEU da Unión Europea.
A cita gastronómica da parroquia de Padrón repartiu máis de 3.000 racións e consolida o seu tirón popular e turístico
Herbón non tivo que agardar onte a que o aroma dos pementos fritidos enchera o ambiente da carballeira do convento franciscano para que este espazo se quedara pequeno para acoller a todos os amantes do auténtico produto. Dende 1978, coa excepción dos anos do covid, a parroquia de Padrón convida o primeiro sábado de agosto a degustar o auténtico pemento, ese que mesmo levou onte a Herbón a un equipo da televisión coreana para gravar un programa de viaxes, así como a centos de persoas, entre elas moitos visitantes, que gustan especialmente desta festa declarada de interese turístico de Galicia.
A cita está organizada por unha comisión de veciños da parroquia e un deles resumiu moi ben ante as cámaras coreanas a esencia da festa gastronómica: é a conxunción dun produto único coa hospitalidade do pobo, da xente que traballa o cultivo.
Foi algo que tamén destacou o pregoeiro desta edición, o presentador e comunicador Duarte Galbán, quen fixo unha defensa acendida do pemento de Herbón, que non de Padrón, e tamén das mulleres e homes que fan posible que se traballe o cultivo tantos anos despois de que a planta fose traída polos frades á parroquia. «Falar da festa do pemento de Herbón é falar de traballo, terra, identidade, cultura e de país», asegurou o pregoeiro que mesmo entoou unha regueifa dedicada á cita ao estilo do popular Pinto d´Herbón.
Tanto o pregoeiro como o propio condutor do acto institucional, ao que asistiu o alcalde de Padrón, Anxo Arca, fixeron un chamamento á xuventude para que se una á comisión organizadora da festa, co fin de mantela no tempo, tendo en conta ademais que o cultivo do pemento arrastra un grave problema de relevo xeracional. «Só co traballo da xente nova e con vontade vivirá moitos anos máis», asegurou Héctor Bermúdez, de Radio Valga.
Esta edición tivo, ademais, unha lembranza especial para os membros da comisión que xa non están ou non poden asistir, e tamén unha mención para aqueles veciños que se viron afectados polo incendio forestal e para os que colaboraron nas tarefas de extinción, tal e como lembrou o pregoeiro.
Polo demais, os asistentes á festa chegaron cedo á carballeira do convento para mercar os vales (5 euros) cos que recollían un prato conmemorativo cunha ración de pementos, cachelos e pan de millo. Había 1.000 pratos dispoñibles e servíronse máis de 3.000 racións xa que, unha vez que todos tiveron a primeira entrega, podíase repetir ata esgotar existencias. Sen comer pementos só marchou quen quixo, como un veciño da parroquia, que reside en Valga, e que acudiu á festa só a mercar o prato conmemorativo, como fai cada edición dende hai 46 anos.
«Vin polos pementos e quedei pola festa» é o lema da cita, escrito nas camisetas que vendeu a comisión para recadar fondos e que se esgotaron nas tallas grandes, e que se fai realidade cada primeiro sábado de agosto, data elixida pola parroquia para exaltar o auténtico pemento, nunha xornada na que tamén saca os tractores engalanalos con motivos da terra para ir ata Padrón a ensinar o traballo dos produtores e a realizar unha ofrenda floral ante a estatua da Pementeira. Este ano foron 34 tractores e houbo premios para eles.
Exposición ‘La Casa de la Troya’ e operación contra roubos
Exposición cultural: Padrón acolle actualmente a exposición ‘La Casa de la Troya’, un proxecto cultural que pon en valor o patrimonio e a tradición local.
Operación de seguridade: Foron detidos en Padrón e Teo dirixentes dunha banda que roubaba en aeropuertos europeos. A operación demostra o compromiso das forzas de seguridade coa protección dos cidadáns.
Esta combinación de iniciativa cultural e actuación de seguridade reflicten o compromiso do concello co benestar dos seus habitantes.