Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

O Café Bar Choco gaña a V Ruta de Tapas da Matanza coa súa Larpeirada de Solombo

Por Plumilla ·

O Concello de Pontecesures anunciou os resultados da V Ruta de Tapas da Matanza tras o reconto de votos do público, e o gañador deste ano é o Café Bar Choco, da praza dos Valeiros, que se impuxo coa súa Larpeirada de Solombo.

O local do centro xa fora dos máis demandados durante o fin de semana do certame: cando recollemos o desenvolvemento da ruta, o persoal do Choco recoñecía estar «estresadísimo» de traballo, coa casa chea na comida. Nesta edición participaron seis locais con tapas a 3,5 euros, tal como se anunciou a comezos de novembro.

O Concello tamén entregou a cesta de produtos de temporada que se sorteara entre os comensais pola súa participación na ruta de tapas: a afortunada foi Beatriz Magán Magariños. Dende a administración local agradeceron tanto aos locais como aos veciños a súa participación neste tapeo, que se puido recuperar tras un 2025 sen tapas de matanza, precisamente pola falta de participación da hostalería.

Fuentes: Diario Gallego · Diario de Arousa

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.