400 tapas gratuítas para descubrir os sabores co selo de calidade: Credencial Gastro chega este venres a Pontecesures

Pontecesures converterase este venres nun escaparate dos produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade grazas á iniciativa Credencial Gastro, que se desenvolve no marco do programa O teu Xacobeo e conta coa colaboración da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), coa finalidade de promover a gastronomía galega e dar maior visibilidade aos alimentos amparados con selos oficiais de calidade diferenciada.
A actividade, que propón descubrir algúns dos sabores máis representativos da comunidade a través dunha degustación gratuíta de tapas, comezará ás 12:00 horas do venres 6 de novembro e ofrecerá 400 degustacións de libre acceso, nunha proposta que combina gastronomía, divulgación e entretemento.
O obxectivo é que quen participe non se limite a disfrutar das elaboracións, senón que poña a proba os seus coñecementos gastronómicos e intente recoñecer os ingredientes certificados que se agochan detrás de cada receita. Para elo, poderán elexir entre catro modalidades de tapa: carne, peixe, vexetal ou doce. Cada participante recibirá unha credencial vinculada á súa elección e, despois de probar a elaboración, terá que identificar os tres produtos galegos con selo de calidade que contén, seleccionándoos entre oito opcións.
Os ingredientes pertencen ao conxunto dos 38 sellos de calidade diferenciada que certifica Agacal a través da súa iniciativa «Aquí Sabemos», entre eles produtos amparados por Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IGP), distintivos que acreditan a súa procedencia e unhas características de calidade recoñecidas. Quen consigan superar o reto poderán optar a diferentes recompensas: mostras de produtos, agasallos promocionais e un lote de alimentos da campaña «Aquí Sabemos». No espazo habilitado para a actividade haberá ademais información detallada sobre os produtos certificados, que tamén poderá consultarse en credencialgastro.es.
Tras o seu paso por Pontecesures, Credencial Gastro continuará o seu percorrido esa mesma tarde en Boqueixón, mentres que o sábado estará na celebración de San Martiño en Visantoña, no concello coruñés de Mesía.
Fuente: Faro de Vigo (Manuel Méndez)