Valga coroa O Pontellón co Mandil de Ouro e Baño fai a mellor caña do país

Publicado por Plumilla o

A Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga pechou outra edición no parque Irmáns Dios Mosquera, e xa coñécense todos os premiados dos concursos convocados.

No concurso de tapas, O Pontellón levouse o Mandil de Ouro —tanto para o xurado como para o público— cunha empanadilla polaca rechea de anguía e un toque cajún. O Mandil de Prata foi para A Charca pola súa cazolada de anguía con patacas panadeiras, tomate, pemento, chícharos, setas e cola de lagostino, e o de Bronce para o Bar Pardal coa súa anguía afumada.

Na mostra da caña, o veciño de Baño Pablo Quintáns Buceta gañou o primeiro premio nas modalidades de branca e de herbas, mentres que na categoría de tostada impúxose Jorge Rodríguez, de Coto. Os segundos postos foron para María Dolores Quintáns (Avenida da Coruña), Josefina Santiago (Senín) e o propio Pablo Quintáns.

Ademais, no certame Embelecer Valga o primeiro premio foi para Os Martores pola recuperación do seu parque infantil, seguidos de Campaña (almacén para o campo da festa) e Carballiño (área de fútbol).

Fonte: Diario de Arousa


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.