Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

A vítima do intento de homicidio de Pontecesures non se presentou ao xuízo: a vista repetirase en decembro

Por Plumilla ·

Ilustración conceptual dunha sala de vistas baleira co estrado do tribunal, símbolo da vista que tivo que repetirse pola ausencia da vítima
Ilustración: imaxe alegórica xerada con IA sobre a sala de vistas baleira no xuízo do intento de homicidio de Pontecesures

Perplexidade este xoves na sección segunda da Audiencia de Pontevedra ao iniciarse o xuízo polo intento de homicidio ocorrido o 15 de xullo de 2025 en Pontecesures: a vítima do caso non se presentou á vista e, cando a chamaron para saber o que pasaba, explicou que se esquecera e que, se a citan para unha próxima ocasión, si acudirá. A vista oral repetirase no mes de decembro.

De todas formas, para ir avanzando, o xuízo si empezou a celebrarse aínda faltando a vítima: o acusado está a ela acusado de cravalle un cuter nun brazo e no tórax e causalle distintas feridas, ademais de amenazalo, atemorizalo e insultalo. O home está en prisión preventiva e este xoves tivo que ser expulsado da sala por non calar cando falaba un axente.

O fiscal pide para el un total de dez anos de prisión pola concorrencia de varios delitos, sendo o máis importante o de intento de homicidio. O caso coñecémolo a semana pasada cando se fixo pública a petición fiscal inicial de once anos e medio de cárcel.

Fuente: La Voz de Galicia

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.