Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

A Fiscalía pide once anos e medio de cárcel para o home que tentou rebana-lo pescozo a un veciño de Pontecesures

Por Plumilla ·

A Fiscalía solicita 7 anos e medio de cárcel por homicidio en grado de tentativa contra un home acusado de intentar matar a outro cun cúter en Pontecesures, aos que engade ano e medio por presuntas ameazas e dous anos e medio polo posible delito contra a Administración de Xustiza — en total, once anos e medio de prisión. O proceso substanciarase na Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o relato do Ministerio Fiscal, os feitos ocorreron o 15 de xullo de 2025: despois de que días antes o presunto agresor insultase á vítima, dirixiuse a el pola rúa e, tras sacar do interior da súa mochila un cúter, apoioulle primeiro no pescozo e logo no corpo mentres gritaba «te voy a matar», mentres outro amigo non identificado lle daba pontapés.

Nas semanas posteriores á agresión, polo menos unha ou dúas veces por semana, o procesado achegábase á vítima «para ve xa-la e aterrala» sempre que a vía. E noutra ocasión — conta a Fiscalía, «con intención de asustalo para que non declarase nada que lle fose desfavorable» — increpouno pola rúa pesar de ter unha orde de non achegarse a menos de 10 metros da vítima, «con total desprezo pola recta administración de xustiza».

Ao agredido quedáronlle dúas cicatrices — unha lineal, lixeiramente arqueada e de coloración rosada violácea na rexión torácica lateral esquerda, e outra curvilínea con lixeira depresión no brazo esquerdo — que lle provocan un perxuízo estético en grao lixeiro.

Fuente: El Correo Gallego — Marcos Manteiga Outeiro, 21/11/2026

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.