Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Concello

O Concello convoca unha bolsa de contratación temporal de administrativos para cubrir vacantes

Por Plumilla ·

Anuncio oficial da convocatoria para a creación dunha bolsa de contratacións temporais para cubrir vacantes nos postos de administrativo/a do Concello de Pontecesures
Anuncio da convocatoria da bolsa de contratación temporal. Imaxe: Concello de Pontecesures

O Concello de Pontecesures convocou a creación dunha bolsa de contratacións temporais para cubrir vacantes nos postos de administrativo/a, mediante un concurso-oposición libre, co obxecto de cubrir transitoriamente un posto da Escala de Administración Xeral e dotar ao Concello dunha lista de agarda para as coberturas temporais previstas na normativa de emprego público.

O motivo da convocatoria está no funcionamento das bolsas existentes: a finais de 2023 constituírase unha bolsa da mesma categoría para atender baixas e xubilacións, pero o 13 de setembro de 2026 un dos funcionarios interinos iniciou unha incapacidade temporal que se prevé prolongada varias semanas, e durante o mes de outubro realizouse un chamamento ás persoas aspirantes que non puido cubrirse polo rexeitamento de todas elas.

O prazo de presentación de instancias e documentación será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOPPO: do sábado 28 de novembro ao luns 14 de decembro de 2026 (ambos incluídos). As bases que rexerán o proceso selectivo e os anexos de solicitude están dispoñibles na web municipal.

Fuente: Concello de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.