Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Mañá Romaría de Requián.

Por Redacción ·

Cartel da Romaría de Requián 2026

A Romaría da Virxe dos Milagres de Requián (A Estrada) é unha das romarías máis concorridas de Galicia, con moita afluencia de veciños de Pontecesures e toda a comarca. Este ano o programa ven cargado de actividades.

Mércores 19 de agosto

Dará comezo a Novena, con misas todos os días ás 8:30 h, 19:00 h, 20:00 h e 21:00 h, con Rosario ás 19:30 h e 21:30 h. Procesión de velas.

Sábado 22 de agosto

18:00 h — Misa do neno.

Xoves 27 de agosto (hoxe)

21:30 h — Procesión dos cirios. A continuación, verbena coa Charanga BB+.

Venres 28 de agosto — Día da Virxe dos Milagres

Misas a partir das 8:00 h; a das 11:00 h será en galego.

13:00 h — Misa solemne e gran foguetada. A continuación, procesión e vermú a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada.

Tardeo — Concerto de Cantos da Terra.

Misas ás 19:00 h, 20:00 h e 21:00 h.

Pola noite, gran verbena coa orquestra Escaparate e Will Discomóvil.

Sábado 29 de agosto — Día da Nosa Señora da Piedade

12:00 h — Misa solemne, e a continuación vermú coa Fanfarria Furruxa. Haberá inchables gratis para os máis cativos.

22:30 h — Verbena a cargo do grupo M.5 Galicia.

Patrocinan: Concello da Estrada, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e os comercios e empresas colaboradoras.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.