Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Concello

«O que non ves tamén pesa»: o comercio e a hostelería de Cesures convértense en espazos de sensibilización polo 25-N

Por Plumilla ·

Pontecesures pon en marcha este 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a campaña de sensibilización «O que non ves tamén pesa», unha iniciativa do Concello que quere axudar a identificar esas formas de violencia machista que non deixan marcas físicas, pero que sí condicionan a liberdade e o benestar das mulleres.

A campaña xoga coas frases cotiás para amosar como certos comportamentos agóchanse detrás de supostas mostras de preocupación, protección ou amor, cando en realidade son formas de control e violencia.

E para que a reflexión non fique só nos espazos institucionais, o comercio e a hostelería da vila convértense tamén en espazos de sensibilización: distribuiranse bolsas de tea e posavasos coa imaxe da campaña, ademais de seis modelos diferentes de carteis, cada un centrado nunha das formas de violencia abordadas e acompañado dunha frase que exemplifica ese comportamento.

Fonte: Diario de Arousa, 24/11/2026

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.