Festas de Porto 2026
Mércores 19 de agosto
Ás 16:30h, festa infantil con colchonetas e xogos de auga, toro mecánico, pista americana, hinchables de saltar e festa da espuma. Verbena co grupo Unión y Fuerza.
Xoves 20 de agosto
Ás 9:00h, gran disparo de bombas anunciando as festas. Á tardiña, actuación do Grupo Folclórico Xarandeira. Ás 22:00h, capachos de mexillóns para todos na tradicional XXXIII Mexillonada, con viño do bo, cervexa e pan. Gran verbena con Tania Veiras y Los Cumbiapop e Marbella.
Venres 21 de agosto
Ás 8:00h, gran disparo de foguetes para levantar a todos. Ás 9:00h, alborada a cargo da Banda de Música de Catoira. Ás 12:00h, misa solemne cantada pola Coral Polifónica A Barcarola. A continuación, gran poxa de ramos. Gran verbena con Ritmo e La Fórmula. Ao remate, baile con Aquelar.
As festas contan co apoio do Concello de Pontecesures e da Deputación de Pontevedra.

