Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Adeus ao timbal de lamprea de Gerardo: pecha a panadaría centenaria da Portarraxoi por falta de apoio

Por Plumilla ·

Ilustración conceptual da fachada da Panadería Gerardo, o negocio centenario pechado este fin de semana na Portarraxoi
Ilustración conceptual: a fachada da Panadería Gerardo en Pontecesures, onde a familia atendeu durante máis dun século

«Panadería Gerardo», a casa do clásico timbal de lamprea, pechou as portas este fin de semana en Pontecesures —como xa vos adiantamos coa nota de despedida do propio negocio— e con ela unha panadaría con máis de 100 anos de historia na vila. O cartel de Gerardo Panadería aínda está colgado na rúa Portarraxoi: alí colocouse nos anos vinte, pero o oficio nesta familia de panadeiros naceu aínda antes, entre Santiago e Lestrove.

Isaura, unha das actuais encargadas xunto co seu irmán Pepe, conta que a súa avoa tiña panadaría en Lestrove e os pais desta en Santiago: «realmente non sabemos cándo naceu a tradición». Aínda adaptándose aos novos tempos, na familia primou sempre o traballo manual: «seguíamos incluindo pouca mecanización, mentres que en outras panadarías xa hai cousas que nós non tiñamos».

A falta de relevo non foi a única razón: Isaura se prexubila por motivos de saúde e o seu irmán tamén necesita descansar («é un traballo moi esixente»), ás que se suman a dificultade para atopar persoal, o tema fiscal e a falta de axudas públicas para coidar os negocios artexáns. «Non hai axudas. En Francia unha panadaría artexana cídase como un tesouro, pero aquí todo o contrario. Prímae o industrial, o pan de supermercado, e isto é unha pena», reclama máis protección para conservar estes oficios.

A decisión non foi fácil: «Custou moito, moito», especialmente para a súa nai. «Foi un disgusto para ela e para nós, porque é un negocio con moito arraigamento na zona. Ademais recibimos cartas de clientes e ata regalos. Éramos o día a día de toda esta xente». O nome do negocio é o do avó de Pepe e Isaura, Gerardo, pero a tradición panadeira forxouse na rama da súa avoa Elvira —«como era o normal naqueles anos, o marido pesaba máis», conta—: foi ela quen levaba a panadaría nas veas e quen trasladou a súa paixón pola cociña aos descendentes.

Co peche deste forno, Cesures e a comarca desprídense tamén do timbal de lamprea, que chegou dende Santiago, onde a familia comezou a comercializalo. Foi tal o éxito que se converteu nun agasallo habitual na zona: «Cando se lle quería facer un agasallo a alguén, o que se acostumaba era regalar un timbal de lamprea; así a xente tamén nos coñecía, porque nos probaban». De feito, pola panadaría pasaron moitas caras coñecidas do mundo da política, que aprovechaban o seu paso por Cesures para coñecer o produto.

A de Gerardo non foi a única despedida do fin de semana: en Caldas pechou outro forno clásico, a panadaría Álvaro, tras medio século de traballo. A historia repítese e pon fin a centos de negocios históricos que quedan no esquecemento: por falta de relevo, de apoio institucional ou de persoal. A tradición desvanece e a comarca perde o seu pasado.

Fuente: Diario de Arousa (Fátima Pérez)

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.