Trinta embarcacións tradicionais despregan velas entre Rianxo e Padrón na honra de Rosalía.

Publicado por Redacción o

Na Inchadiña Branca Vela participaron polbeiras, xeiteiras, unha buceta, un bote, unha gamela, unha traíña, un galeón ou un volanteiro.

Chegada das embarcacións a Padrón.
Chegada das embarcacións a Padrón.

Polbeiras, xeiteiras, unha buceta, un bote, unha gamela, unha traíña, un galeón, un volanteiro… Trinta embarcacións tradicionais sucaron este sábado os ríos Ulla Sar, dende Rianxo ata Padrón, con Rosalía de Castro por bandeira.

Embarcacións durante a travesía.
Embarcacións durante a travesía.

Nove barcos zarparon do porto de Rianxo ás 10.30 horas para formar a espectacular frota da Inchadiña Branca Vela, mais a maioría saíron da praia fluvial de Vilarello (Cordeiro, Valga) remontando o río Ulla e o Sar.

Foi unha navegación rápida, debido ao vento e a marea a favor, que axudou tanto na subida a vela como a remo no tramo do Sar. 

Foron máis de 20 dornas (de diferente tipo: polbeiras, de tope, xeiteiras), unha buceta, un bote de Noia, unha gamelas da Guarda, unha traíña, un galegón do Ulla e o impresionante volanteiro da Guarda (O Piueiro) co velame dedicado a Rosalía.

Acto celebrado no Paseo do Espolón, cos participantes na Inchadiña Branca Vela alzando os remos.
Acto celebrado no Paseo do Espolón, cos participantes na Inchadiña Branca Vela alzando os remos. 

Todas elas responderon á convocatoria da Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de PadrónRianxoCatoiraDodro Valga.

Á súa chegada a Padrón, pasadas as seis da tarde, as embarcacións participantes homenaxearon a Rosalía de Castro cun fermoso despregamento de velas.

Remos depositados ante a estatua de Rosalía de Castro.
Remos depositados ante a estatua de Rosalía de Castro.

Ao pé do Paseo do Espolón os barcos flamexaron as velas ao ritmo da Marcha do Antigo Reino de Galicia e houbo unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía.

A continuación, os mariñeiros e mariñeiras ofreceron os seus remos á ilustre autora. Ademais, o cantautor Secho, de Dodro, interpretou o tema Inchadiña Branca Vela para os presentes.

Unha das embarcacións participantes, con Rosalía por bandeira na súa vela.
Unha das embarcacións participantes, con Rosalía por bandeira na súa vela. 

No acto participaron os alcaldes de Padrón, Anxo Arca; Rianxo, Julián Bustelo; e Dodro, Francisco Xabier Castro.

Chegada da Inchadiña Branca Vela a Padrón.
Chegada da Inchadiña Branca Vela a Padrón.

Esta actividade celebrouse por primeira vez no ano 2013, para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.

Os participantes na Inchadiña Branca Vela, cos remos en alto no Paseo do Espolón.
Os participantes na Inchadiña Branca Vela, cos remos en alto no Paseo do Espolón.

A iniciativa xurdiu co obxectivo e recuperar a imaxe das dornas que Rosalía inmortalizou nos seus versos mentres remontaban o Ulla, unha imaxe moi habitual no século XIX, cando este río era unha importante vía de comunicación e comercio.

Fundación Rosalía de Castro propúxolle á Escola de Navegación Tradicional Dorna da Illa da Arousa renderlle homenaxe a Rosalía de Castro desde o mar, desde a súa cultura e a súa xente.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.