Os hospitais galegos necesitan máis de 400 doazóns de sangue cada día para atender intervencións, trasplantes e tratamentos oncolóxicos. Co obxectivo de manter as reservas, as unidades móbiles da ADOS percorrerán decenas de concellos entre o luns 31 de agosto e o sábado 5 de setembro.
Na nosa comarca hai dous puntos destacados para doar:
Padrón: martes 1 de setembro.
Pontecesures: mércores 2 de setembro.
Tamén se poderá doar en Rois (luns 31), na parada de Stellantis (martes 1) e en Santiago (Praza Roxa, mércores 2), entre outros puntos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Se tes dúbidas sobre o proceso ou queres consultar as próximas datas e ubicacións, podes facelo en ados.sergas.gal ou no teléfono gratuíto 900 100 828.
Varias dotaciones de bomberos se desplazaron de madrugada por un incendio a la céntrica Praza de Macías (imagen de la izquierda). Algunas habitaciones de la vivienda afectada quedaron calcinadas por el fuego (derecha).
En el momento del suceso no había otros ocupantes en el inmueble, un ático situado en la Praza de Macías, el cual quedó visiblemente dañado por el fuego
La noche del sábado para el domingo fue agitada para los vecinos del centro de Padrón. Varios de ellos alertaron al 112 Galicia de madrugada, después de las 2.30 horas, del fuego que salía de un ático de la Praza de Macías, mostrando su preocupación por si había en ese momento personas en el interior de la vivienda.
Desde el Centro Integrado de Atención ás Emerxencias se activó un operativo en el que participaron la Guardia Civil, los bomberos de Boiro, el GES de Padrón y el 061. En el momento del incendio había una única persona mayor en la casa y estaba sola. Esta se vio afectada por quemaduras en la parte superior del cuerpo y fue trasladada a un centro sanitario para ser atendida.
Las llamas calcinaron una habitación de la vivienda y el resto de ella quedó afectada por el hubo, tal y como confirman desde el 112 Galicia, que no ha confirmado todavía cuál fue el origen del incendio.
Ás 21:00 h, na Praza de Macías (Padrón), viviremos unha noite chea de emoción con Paco Lodeiro, Laura Añón e César Romero, acompañados pola Banda de Música Municipal de Padrón, baixo a dirección de Santi Mella.
A capela ardente está instalada no 𝐓𝐚𝐧𝐚𝐭𝐨𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐝𝐫𝐨́𝐧. O funeral celebrarase o 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐦𝐚𝐧̃𝐚́ 𝐧𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐦𝐢𝐨 e, posteriormente, Ana Castro será incinerada na intimidade familiar.
Por expreso desexo de Ana Castro, 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐚𝐝𝐦𝐢𝐭𝐞𝐧 𝐟𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬. Quen desexe renderlle homenaxe pode destinar ese importe a 𝐮𝐧 𝐝𝐨𝐧𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐚 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐚 𝐨 𝐜𝐚𝐧𝐜𝐫𝐨, cumprindo así a súa vontade.
O Concello de Padrón traslada o seu máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas, compartindo con elas a dor por esta irreparable perda
O Plan de Seguridade Viaria dos Camiños de Santiago volve dar un paso adiante coa publicación no Diario Oficial de Galicia do proxecto de trazado dos tramos comúns do Camiño Portugués e do Camiño da Costa. O obxectivo principal é separar aos peregrinos do tráfico rodado en 14 concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña.
A actuación afecta a un total de 248 predios e inclúe a Pontecesures entre os municipios beneficiados, xunto con Redondela, Vilaboa, Barro, Portas, Tui, Pontevedra, Baiona, O Porriño, Valga, Padrón, Teo, Rois e Ames. A documentación completa, coa relación de bens e propietarios afectados, xa está dispoñible na sede de Turismo de Galicia, nas áreas provinciais, nos concellos implicados e na web de Turismo de Galicia.
A partir deste mércores 5 de agosto abre un prazo de 30 días hábiles para que as persoas afectadas poidan presentar alegacións, rectificar erros ou opoñerse ao proxecto ante a Axencia de Turismo de Galicia. Unha vez atendidas as observacións, o Consello da Xunta aprobará os trazados definitivos para proceder á execución das obras.
Esta iniciativa enmárcase no Plan de Seguridade Viaria dos Camiños de Santiago, que conta cunha inversión global de máis de 40 millóns de euros e actuacións en máis de 150 quilómetros das nove rutas xacobeas terrestres. Xa pasaron por este trámite o Camiño Primitivo, Fisterra-Muxía, o de Inverno, o Inglés e o do Norte.
Ayer a las doce de la mañana entró en la catedral la peregrinación arciprestal de Iria Flavia que trajo a Santiago una considerable multitud.
Es un arciprestazgo ya que comprende 250 kilómetros cuadrados con una población de cerca de cuarenta mil habitantes de parroquias enclavadas en los ayuntamientos de Padrón, Rianxo, Catoira, Dodro, Pontecesures y Valga,
Na Inchadiña Branca Vela participaron polbeiras, xeiteiras, unha buceta, un bote, unha gamela, unha traíña, un galeón ou un volanteiro.
Chegada das embarcacións a Padrón.
Polbeiras, xeiteiras, unha buceta, un bote, unha gamela, unha traíña, un galeón, un volanteiro… Trinta embarcacións tradicionais sucaron este sábado os ríos Ulla e Sar, dende Rianxo ata Padrón, con Rosalía de Castro por bandeira.
Embarcacións durante a travesía.
Nove barcos zarparon do porto de Rianxo ás 10.30 horas para formar a espectacular frota da Inchadiña Branca Vela, mais a maioría saíron da praia fluvial de Vilarello (Cordeiro, Valga) remontando o río Ulla e o Sar.
Foi unha navegación rápida, debido ao vento e a marea a favor, que axudou tanto na subida a vela como a remo no tramo do Sar.
Foron máis de 20 dornas (de diferente tipo: polbeiras, de tope, xeiteiras), unha buceta, un bote de Noia, unha gamelas da Guarda, unha traíña, un galegón do Ulla e o impresionante volanteiro da Guarda (O Piueiro) co velame dedicado a Rosalía.
Acto celebrado no Paseo do Espolón, cos participantes na Inchadiña Branca Vela alzando os remos.
Todas elas responderon á convocatoria da Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de Padrón, Rianxo, Catoira, Dodro e Valga.
Á súa chegada a Padrón, pasadas as seis da tarde, as embarcacións participantes homenaxearon a Rosalía de Castro cun fermoso despregamento de velas.
Remos depositados ante a estatua de Rosalía de Castro.
Ao pé do Paseo do Espolón os barcos flamexaron as velas ao ritmo da Marcha do Antigo Reino de Galicia e houbo unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía.
A continuación, os mariñeiros e mariñeiras ofreceron os seus remos á ilustre autora. Ademais, o cantautor Secho, de Dodro, interpretou o tema Inchadiña Branca Vela para os presentes.
Unha das embarcacións participantes, con Rosalía por bandeira na súa vela.
No acto participaron os alcaldes de Padrón, Anxo Arca; Rianxo, Julián Bustelo; e Dodro, Francisco Xabier Castro.
Chegada da Inchadiña Branca Vela a Padrón.
Esta actividade celebrouse por primeira vez no ano 2013, para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos.
Os participantes na Inchadiña Branca Vela, cos remos en alto no Paseo do Espolón.
A iniciativa xurdiu co obxectivo e recuperar a imaxe das dornas que Rosalía inmortalizou nos seus versos mentres remontaban o Ulla, unha imaxe moi habitual no século XIX, cando este río era unha importante vía de comunicación e comercio.
A Fundación Rosalía de Castro propúxolle á Escola de Navegación Tradicional Dorna da Illa da Arousa renderlle homenaxe a Rosalía de Castro desde o mar, desde a súa cultura e a súa xente.
A cita gastronómica da parroquia de Padrón repartiu máis de 3.000 racións e consolida o seu tirón popular e turístico
Herbón non tivo que agardar onte a que o aroma dos pementos fritidos enchera o ambiente da carballeira do convento franciscano para que este espazo se quedara pequeno para acoller a todos os amantes do auténtico produto. Dende 1978, coa excepción dos anos do covid, a parroquia de Padrón convida o primeiro sábado de agosto a degustar o auténtico pemento, ese que mesmo levou onte a Herbón a un equipo da televisión coreana para gravar un programa de viaxes, así como a centos de persoas, entre elas moitos visitantes, que gustan especialmente desta festa declarada de interese turístico de Galicia.
A cita está organizada por unha comisión de veciños da parroquia e un deles resumiu moi ben ante as cámaras coreanas a esencia da festa gastronómica: é a conxunción dun produto único coa hospitalidade do pobo, da xente que traballa o cultivo.
Foi algo que tamén destacou o pregoeiro desta edición, o presentador e comunicador Duarte Galbán, quen fixo unha defensa acendida do pemento de Herbón, que non de Padrón, e tamén das mulleres e homes que fan posible que se traballe o cultivo tantos anos despois de que a planta fose traída polos frades á parroquia. «Falar da festa do pemento de Herbón é falar de traballo, terra, identidade, cultura e de país», asegurou o pregoeiro que mesmo entoou unha regueifa dedicada á cita ao estilo do popular Pinto d´Herbón.
Tanto o pregoeiro como o propio condutor do acto institucional, ao que asistiu o alcalde de Padrón, Anxo Arca, fixeron un chamamento á xuventude para que se una á comisión organizadora da festa, co fin de mantela no tempo, tendo en conta ademais que o cultivo do pemento arrastra un grave problema de relevo xeracional. «Só co traballo da xente nova e con vontade vivirá moitos anos máis», asegurou Héctor Bermúdez, de Radio Valga.
Esta edición tivo, ademais, unha lembranza especial para os membros da comisión que xa non están ou non poden asistir, e tamén unha mención para aqueles veciños que se viron afectados polo incendio forestal e para os que colaboraron nas tarefas de extinción, tal e como lembrou o pregoeiro.
Polo demais, os asistentes á festa chegaron cedo á carballeira do convento para mercar os vales (5 euros) cos que recollían un prato conmemorativo cunha ración de pementos, cachelos e pan de millo. Había 1.000 pratos dispoñibles e servíronse máis de 3.000 racións xa que, unha vez que todos tiveron a primeira entrega, podíase repetir ata esgotar existencias. Sen comer pementos só marchou quen quixo, como un veciño da parroquia, que reside en Valga, e que acudiu á festa só a mercar o prato conmemorativo, como fai cada edición dende hai 46 anos.
«Vin polos pementos e quedei pola festa» é o lema da cita, escrito nas camisetas que vendeu a comisión para recadar fondos e que se esgotaron nas tallas grandes, e que se fai realidade cada primeiro sábado de agosto, data elixida pola parroquia para exaltar o auténtico pemento, nunha xornada na que tamén saca os tractores engalanalos con motivos da terra para ir ata Padrón a ensinar o traballo dos produtores e a realizar unha ofrenda floral ante a estatua da Pementeira. Este ano foron 34 tractores e houbo premios para eles.