Galicia necesita máis de 400 doazóns de sangue ao día: a semana que vén toca doar en Pontecesures e Padrón

Publicado por Plumilla o

Unidades móbiles de doazón de sangue de ADOS

Os hospitais galegos necesitan máis de 400 doazóns de sangue cada día para atender intervencións, trasplantes e tratamentos oncolóxicos. Co obxectivo de manter as reservas, as unidades móbiles da ADOS percorrerán decenas de concellos entre o luns 31 de agosto e o sábado 5 de setembro.

Na nosa comarca hai dous puntos destacados para doar:

  • Padrón: martes 1 de setembro.
  • Pontecesures: mércores 2 de setembro.

Tamén se poderá doar en Rois (luns 31), na parada de Stellantis (martes 1) e en Santiago (Praza Roxa, mércores 2), entre outros puntos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Se tes dúbidas sobre o proceso ou queres consultar as próximas datas e ubicacións, podes facelo en ados.sergas.gal ou no teléfono gratuíto 900 100 828.

Fonte: Esto pasa Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.