
Os hospitais galegos necesitan máis de 400 doazóns de sangue cada día para atender intervencións, trasplantes e tratamentos oncolóxicos. Co obxectivo de manter as reservas, as unidades móbiles da ADOS percorrerán decenas de concellos entre o luns 31 de agosto e o sábado 5 de setembro.
Na nosa comarca hai dous puntos destacados para doar:
- Padrón: martes 1 de setembro.
- Pontecesures: mércores 2 de setembro.
Tamén se poderá doar en Rois (luns 31), na parada de Stellantis (martes 1) e en Santiago (Praza Roxa, mércores 2), entre outros puntos de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Se tes dúbidas sobre o proceso ou queres consultar as próximas datas e ubicacións, podes facelo en ados.sergas.gal ou no teléfono gratuíto 900 100 828.
Fonte: Esto pasa Galicia