Unha croqueta cesureña acadou o primeiro posto do concurso Anguía Chef.

Participantes no certame Anguía Chef en Valga.
Sonia Carbia Torres impúxose coa súa croqueta desestruturada de anguía nunha edición marcada pola calidade das seis propostas.
Oconcurso de receitas Anguía Chef xa ten gañador. A veciña de Pontecesures, Sonia Carbia Torres alzouse co primeiro premio do certame, celebrado o luns no marco do Agosto Gastronómico. A súa proposta, unha croqueta desestruturada de anguía, conquistou ao xurado grazas a súa orixinalidade, trato e sabor.
Porén, non foi a única elaboración boa. O xurado, encabezado polo chéf Álex Iglesias, tivo complicada a selección. Produciuse un triplo empate con outras dúas receitas: a Anguía crocante do Ulla de Pablo Quintáns e a Anguía ao forno de Jorge Riveiro.
En total foron seis os participantes do certame. As tres propostas restantes foron Entremeses variados de Anguía, de José Andrés Freiría, Anguía guisada con pan ao azafrán, de Carmen García e A coca da avoa Pilar, de Remedios Couselo. O xurado destacou que «houbo moita calidade» e que a decisión final foi complicada. As actividades continuarán este domingo cun showcooking ás 13.00 horas.
La Voz de Galicia
0 comentarios