Finou Antonio Cortés (de Porto)

Hoxe teño unha perda dobre, por unha parte perdo ó meu pai e por outra perdo a un lector desta web.
Cando esta web empezou fai más de 21 anos, non me esperaba que fose tan leida e a sorpresa foi que o meu pai pideu no móvil, sempre que lle cambiaba por un máis moderno que estivese sempre esta web e o marca, el dicía que era a web de concello e costoume moito, porque cabezón era, que creese realmente que a web na que todos os días vía o que pasabo no concello era do seu fillo.
Como curiosidade o novo deseño fixeno pensando en el, para que co móbil poidese leer tranquilamente e sin enlaces nin molestias visuais o que quería saber, o tipo de letra, que as novas fosen escritas para ser fáciles de ler, o numero delas que pode ver sin clicar en nada, … simplemente pensando en el.
Non sei que dicir nin que poñer, e importame ben pouco que sexa relevante ou non para outros, pero necesito dicir e que quede branco sobre negro que votareino móito de menos.