Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Medio ambiente

O eclipse dende o Galiñeiro.

Por Redacción ·

O próximo martes 12 de agosto poderase observar un eclipse solar parcial dende Pontecesures, e dende o Galiñeiro haberase un espazo de observación para gozar deste fenómeno astronómico.

Trátase dun eclipse solar total visible no norte de España, mentres que dende a nosa zona se verá como parcial, pero igualmente espectacular. A sombra da Lúa percorrerá España en dirección sueste a última hora da tarde.

Horarios dende Pontecesures:

🕐 19:32h — Inicio do eclipse parcial
🟠 20:29h — Máximo do eclipse

O Galiñeiro será un bo punto de observación dende o que contemplar o fenómeno. Recoméndase usar gafas de sol especializadas para eclipses ou filtros certificados, xa que mirar directamente ao sol sen protección pode causar danos irreversibles nos ollos.

Cartel eclipse solar 12 de agosto 2026 dende o Galiñeiro

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.