Festividades de Pontecesures
San Xulián: o 7 de Xaneiro. (patrón do concello).
San Lázaro: o domingo de Paixón. Esta romería data do S. XIV, polo que está considerada como a máis antiga de Galicia. Nela tamén se celebra a festa gastronómica de degustación da lamprea.
Virxe do Carme: primeiro domingo de Xullo.
San Roque: no mes de Agosto. Nela pódese degustar unha gran mexilloada.
Santa Lucía: 13 de Decembro.
Antigamente celebrábase a FEIRA DO AUTOM?VIL USADO. Pontecesures ten a honra de ser o pobo que a organizou por primeira vez en España, en Xuño de 1925. Posteriormente celebráronse novas edicións en 1926, 1950 e 1954.
0 comentarios