Solicitude de cerramento de marquesina na rúa Calera de Porto

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En outubro pasado colocouse unha marquesina doble na rúa Calera de Porto para protexer ós alumnos do C.P.I. Pontecesures que utilizan o transporte escolar logo de incluir esta actuación no Programa de Acción Municipal 2005 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Recollendo a suxerencia de varios pais/nais solicítase agora que se cubra a fronte da metade desta marquesina xa que cando chove con vento do sur entra directamente o auga na propia marquesina.

Xunto coa presente envíolle un orzamento de data 01.02.06 da empresa subministradora da marquesina para o cerramento frontal citado e que ascende a 980,20 ? e que teño no meu poder pois naquela data ocupaba o cargo de concelleiro de infraestruturas.

Espero que o cerramento se realice cando antes aproveitando a ocasión para solicitarlle igualmente que o entorno desta marquesina da rúa Calera sexa limpado regularmente pois últimamente houbo algún ??botellón? que afectou a esta instalación.

Pontecesures, 21 de marzo de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de ACP de Pontecesures

SR. ALCALDE DE PONTECESURES

Categorías: Concello

7 comentarios

C.F · 22-03-2006 a las 17:10

E de paso que lles den un toque ás nais que van comprar peixe polas mañás e se abrigan na marquesina, mentres os rapaces están á choiva. Visto polos meus ollos! e se lles dis algo aínda teñen mais que dicir.
«Neno cala que eu son mais vella ca ti….»
E para os nenos, non para elas, se se mollan que merquen un paraugas.

ESQUIO · 22-03-2006 a las 21:53

Noraboa por esta páxina, levo xa máis de 15 días visitandoa, e pareceme estupenda. Aínda que non comparto as ideas do Sr. Sabariz, ten que lembrar que él foi membro do governo, e moitas solicitudes que agora rexistra, puido soluciona-las no seu día, ou polo menos face-las cousas ben nun principio, e non lavando os trapos sucios, dos que el, axudou a «por a lavadora». Suxirolle unha política constructiva non destructiva. Xa temos bastante que a nosa vila sexa primer punto de mira na prensa.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-03-2006 a las 01:15

Cando estiven no equipo de goberno fixen todo o que puden para arranxar problemas do pobo hasta que o alcalde amosou prácticas que politicamente son inaceptables e que xa expliquei dabondo na prensa e nas sesións plenarias.Agora na oposición estou a plantexar iniciativas e a facer suxerencias o sexa, construíndo. Véxome tamén na obriga de fiscalizar as labouras de goberno para denunciar o clientelismo o favoritismo e o amiguismo que leva a cabo o BNG na súa acción de goberno.

tomas valiente · 23-03-2006 a las 11:03

Que lle pasa a ese Sabariz, e que o suposto «amiguismo», «clientelismo» e «favoritismo» que el di apareceu de repente dende que el non está e non non anos anteriores.
Descúbreseche o plumeiro. Ti non es trigo limpo.Espero que cando cheguen as eleccións de novo o pobo te poña donde debes. Fora do concello.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-03-2006 a las 12:37

Veño observando que «tomas valiente» é moi crítico conmigo e me fai acusacións fortes. Explícolle que traballei dabondo ó carón do alcalde perante máis de seis a nos e medio pero por moitos detalles suficientemente expostos nos medios, no pleno e ó propio alcalde na cara, perdín a confianza no Sr. Alvarez Angueira e fixen o que considero mellor para o pobo.
Evidentemente cometín erros na miña xestión de goberno pero non teño nada que agachar e aqui estou no foro dando a cara con nome e apelidos.
De tódolos xeitos se nas vindeiras eleccións non resulto elixido pois non pasará nada. Hai que respetar as decisións democráticas e ademáis na política e na vida mesma non hai persoas imprescindibles.
Agora ven; aínda que non teña apoios nas urnas nas vindeiras eleccións salirei coa cabeza alta e coa satisfacción de haber ocupado un tempo importante da miña vida como concelleiro de Pontecesures tratando de arranxar os problemas de todos. Non son frases feitas, son os meus sentimentos.

ESQUIO · 23-03-2006 a las 20:13

Sr. Sabariz, non me interprete mal, sei que é moi traballador, incluso facía horas extras no Concello, pero, ¿é agora, cando está construíndo para o pobo?. ¿Vostede non tiña ningún favoritismo? ¿Ningún amiguismo?. Eu o dudo. De tódolos xeitos, non quero dar pé, a unha guerra de preguntas e respostas. En relación coa contestación que Vde. lle fixo a «tomás valiente». Penso que está páxina está adicada para todas aquelas persoas que na nosa vila non puidan dicir moitas cousas das que se pensa, ainda que sexa un país libre e a Constitución nos ampara ca libre expresión, comprenda, e unha vila moi pequena e todo se sabe. Vostede o di «na política … non hai persoas imprescindibles». Pero, nesta vila, a política fixo, fai moito tempo augas, non hai un candidato do que se poida fiar, todo son palabrerías, supoño que o mellor candidato, é aquel, que fala cando ten que falar, pregunta cando ten que preguntar, etc… . Necesita, como os árbores do muelle, «unha gran rapada».Eu non vou a critica-lo pero Vde. sabe que dende hai seis anos e medio, o pobo segue igual, bueno, un pouco «parcheado» si que está, o pobo de Pontecesures, necesita mellorar, non ter un mantemento, e tampouco digo que non se fixeran cousas, pero os veciños non están a ver feitos, só, están a ler e a escoitar, a «un grupo de veciños», fan o seu teatro nas súas xuntanzas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-03-2006 a las 08:57

Estou satisfeito da xestión que levei a cabo no grupo de goberno nestes anos (sobre todo nos catro primeiros). Agora pasei a oposición que ten tamén un papel moi importante e repito que estou a plantezar suxerencias e iniciativas para conseguir melloras para a nosa vila. Tamén, como ten que facer toda oposición, estou tratando de controlar e fiscalizar a xestión do goberno local.
Naturalmente entendo e respeto as críticas que, en xeral, fai ESQUIO ós políticos locais, pero ten que lembrar que tódalas personas que teñan gañas de facer cousas polo pobo teñen a opción de presentarse ás eleccións do vindeiro ano. E así teño que decirlle aquela frase de que «el movimiento se demuestra andando».

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.