Agradecementos e invitación

Publicado por Antonio Cortés o

Esta web naceu ca intención de ser un sitio onde ter ordeado tódolo que acontece en Pontecesures, nin máis nin menos que un lugar onde atopar información sobre o concello e os seus veciños.

Quero agradecer o bo facer de todos que están axudando cos contidos e comentarios a fortalecer o dialogo e a compartir ideas e, sobor de todo, que sendo un sitio aberto (sin censura) falamos con educación e respeto ós outros. Moitos sitios morren directamente cando se chega ó insulto e a descalificación pura axudados por ese anonimato.

Este fin de semana estarei en Pontecesures, e pensaba en *convidar a tódos* (colaboradores e a todos os que nos len activos ou non) a unhas cervexiñas, viños, … para agradecelo en persoa. Tamén pode servir para, de forma sinxela, comentar en vivo que podemos facer ca web, que melloras facer e que cambiariamos.

Eu non sei cal será o mellor momento para quedar, así que podemos empregar os comentarios para plantexar alternativas.

De novo, despidome cun:

¡¡ GRACIAS !!


6 comentarios

Carmen Barreiro · 23-03-2006 ás 17:15

Eu se podo aparézoche o Sábado polo Baila Comigo, ok?
eña, pásao ben no teu regreso!!!!!!!!!!!!!!
E dalle recordos a Merchi, que non hai quen lle vexa o pelo!

fru · 23-03-2006 ás 23:36

Saudos Toño. Sería un pracer poder quedar contigo, pero podería ser o sabado contra a 1 da tarde ousenón organiza unha miniquedada a eso das 10 da noite. Conta conmigo pra o que queiras.
Saudos fruqui.

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-03-2006 ás 09:10

Grazas por convidarme. Estarei convosco cando queirades

Antonio Cortés · 24-03-2006 ás 10:13

Nun principio quedamos, nunha primeira toma de contacto na “Taberna” … o sábado a eso da unha.

Nuns intres saio para Pontecesures

C.F · 24-03-2006 ás 11:53

Boa viaxe!

ESQUIO · 24-03-2006 ás 12:11

Desexoche unha boa viaxe. Grazas pola invitación.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.