Neira Vila lerá o pregón da XI Festa da Lamprea de Pontecesures

Publicado por Carmen Barreiro en

[photopress:cartel_festa_da_lamprea_ok_.jpg,full,centered]

O escritor *Xosé Neira Vilas* será este ano o pregoeiro da undécima edición da Festa da Lamprea de Pontecesures. O concello deu a coñecer xa o programa desta cita gastronómica que se celebrará o *26 de marzo* e que amplía a súa oferta lúdico-cultural.

O programa da Festa da Lamprea de Pontecesures arranca o 17 de marzo, cunha charla coloquio sobre a pesca da lamprea e a cultura marítima a cargo do presidente da agrupación de Valeiros e membros da Federación Galega pola Cultura Marítimo Fluvial.

O venres 24 de marzo ofrecerase unha proxección audiovisual de curtametraxes e estrearase o corto ??Falamos?? rodado durante o nadal na localidade. O domingo 26 é o día grande. A xornada iniciarase con teatro de rúa a cargo do actor Pepe Penabade, que representará na plazuela Rudesindo da Barrosa. A música este día virá da man do cuarteto tradicional Chouteira e de agrupacións folclóricas de Pontecesures.

Para a lectura do pregón, o concello volveu apostar por unha persoa vinculada ás letras. Nesta undécima edición convidouse ó autor de Memorias dun neno labrego e membro da Real Academia Galega Xosé Neira Vilas. Como sempre, antes da comida oficial, as autoridades visitarán as cociñas onde se prepara a lamprea á bordalesa na praza da lonxa.

A carpa da degustación instalarase como tódolos anos no peirao e o prezo da ración será de 12 euros. Por este prezo, os comensais degustarán varios cachos de lamprea acompañados de arroz con picatostes e terán como agasallo o correspondente plato conmemorativo. A organización encargará 300 lampreas que darán para unhas mil racións. ? igual que noutros anos, instalarase un acuario na carpa onde se poderán contemplar lampreas vivas


2 comentarios

Luis Angel Sabariz Rolán · 24-03-2006 a las 23:49

Felicito a Carmen Barreiro polo interese que amosa en divulgar a XI edición da Festa da Lamprea.

Manuel Certal de Arbo · 26-03-2006 a las 21:16

Felicitacións para os organizadores da festa: a lamprea estaba moi boa, ainda que: «sen que ninguén se ofenda, prefiro a de Arbo».
Felicítovos tamén por invitar como pregoeiro a Xosé Neira Vilas. Estaría moi interesante que puxerades nesta páxina web o pregón completo deste gran escritor.
Recórdovos que o dia 21, 22 e 23 de abril celebraremos a 46 edición da festa da lamprea na vila de Arbo; e de paso visitar as fermosas «pesqueiras» ó longo do noso rio Miño.
Longa vida a tódolos rios, NON ?S ENCOROS.
Saúdos dende Arbo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.