Protección Civil de Pontecesures sofoca o lume dun incendio nun vehículo.
As 23 horas do día de onte 16 de abril e no cruce que une a rúa Victor García coa estrada nacional N-550 (rúa José Novo Núñez) incendiouse o motor dun vehículo Peugeot 205 dun veciño de Valga cando estaba detido no «stop» perto do antigo bar «A Marina». Os ocupantes abandoaron o coche de inmediato e con gran celeridade varios membros da Agrupación de Protección Civil de Pontecesures actuaron sobre as chamas con extintores logrando, coa axuda dalgúns veciños, extinguir o lume en poucos minutos sen producirse dano algún salvo o producido no motor do vehículo incendiado. O coche foi retirado para o aparcadoiro da antiga Casa Castaño e á medianoite foi transportado a un taller por unha grúa.
Débese salientar a rápida actuación dos voluntarios de protección civil que evitou riscos para persoas e bens e dar as grazas os membros da agrupación polo operativo realizado.
0 comentarios