Ahora podense valorar tamén os comentarios
Acabamos de engadir unha nova opción á web pola que poderanse «votar» os comentarios premendo sobre algúnha das dúas imaxes que aparecen no encabezado do comentario.
De esta maneira poderemos, entre todos, ir sinalando os comentarios máis interesantes ou aqueles que, simplemente que se consideren coma «trolls».
Recomendo só votar aqueles que realmente merezan a pena polo que aporten á entrada á que fan alusión, un comentario cunha puntuación de -5 ou inferior terá de forma automática a imaxe do sombreiro de troll (información sobre ese sombreiro en inglés).
Para xestionar o sistema de votación estamos a empregar Trollr.
Engadido:
O sistema de puntuar os comentarios implica engadir ou quitar puntos ós que comentan.
Agora tamén podense puntuar ás entradas, de forma que poderanse ver cales son as mellor puntuadas por todos.
3 comentarios
Antonio Cortés · 31-05-2006 a las 12:43
Logo poderase sacar, si se ve interesante, unha mención especial ó mellor comentario da semana, e cousas similares 😉
fru · 31-05-2006 a las 15:56
Unha dúbida que deberías aclarar para todo o mundo é si os votantes, e o sentido do voto (+ – ) poden ser Identificados? Estó é si agora eu emito un voto negativo á tua entrada, ti ou calquera outro pode saber quen o emitiu…
Polo demais antonio, pareceme estupenda esta idea, xa a teño visto nalgun outro foro, e quizais sirva para discriminar o que interesa ou non. Tamén para poñer o premio ó «forero do mes» ou ben «o comentario do mes é…».
Antonio Cortés · 31-05-2006 a las 16:26
no caso das *entradas*, si eres un usuario rexistrado si que consta (non vou a negar que así queda na base de datos para evitar duplicidades) outra cousa é que sexa visible, para os non rexistrados constan como «guest» (invitado). Pero no significa nada, o obxetivo respecto a votar (de 1 a 5) unha entrada é para ver cales son máis interesantes para os lectores, non é unha valoración para o que a publica, senón que será un forma de ter as novas máis interesantes segundo a valoración de tódolo mundo. Si por exemplo eu poño unha entrada que é unha nova dun xornal, e acaba tendo un 1, só significa que esa nova non era considerada interesante, pero só eso, as novas do mesmo xornal e mesma temática seguirán a ser publicadas.
Outra cousa é o do voto positivo ou negativos dos *comentarios* (+1 ou -1), esa si que non garda nada, so suma ou resta, e serve para se valore positivamente ou negativamente un determinado comentario. Ese «voto» pode empregarse de moitas formas, o que eu consideraría normal sería que se votase negativamente os comentarios que nada teñan que ver ca entrada, que non aporten, … e positivamente aqueles que enriquezan a entrada. Por defecto cando un comentario acada -5 é que está fora de tema ou que non se considera axeitado dentro da entrada por parte dos lectores.
En resumo, é interesante que se puntuen as entradas, e so os comentarios que polo seu contido sexan salientables ou todo o contrario.
Moita xente ve a diario a web … desta forma moi sinxela pode dar unha pista do que é interesante e o que non, … e como ti ben dis, poderá acabar en entradas automáticas con resumos dos comentarios máis valorados, as entradas máis votadas, entradas mellor valoradas … e todo o que queiramos.