O domingo 25 de xuño excursión da ANPA do CPI Pontecesures ás Illas Cíes

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

As 9,00 horas do vindeiro domingo 25 partirán da parte traseira da praza de abastos os tres autocares que transportarán a alumnos do CPI Pontecesures é os seus acompañantes ata a Estación Marítima “A Ría” en Vigo (fronte ó hotel Bahía) onde ás 11,00 horás zarpará o barco da Naviera de Ons S.L. ata o peirao “A Roda” das Illas Cíes. A chegada ás illas está prevista para ás 11,50 horas e despois haberá unha visita guiada ata o faro. O barco de regreso zarpará ás 20,00 horas e está previsto chegar a Pontecesures de volta ás 22,00 horas.
Nesta excursión de remate de curso organizada pola ANPA para os afiliados está prevista a asistencia de 137 persoas entre nenos e acompañantes.
Esperemos que o tempo nos acompañe.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.