Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Presentación do libro de Fernando Cabeza na Biblioteca de Pontecesures.

Por Redacción ·

Cartel presentación Defuntos e Santos Inocentes

Este venres 27 de marzo, a Biblioteca Pública Municipal de Pontecesures acolle a presentación do libro «Defuntos e Santos Inocentes», de Fernando Cabeza Quiles.

⚠️ Atención: o horario cambiou! A presentación será ás 20:00 horas (o cartel orixinal indicaba 20:30, pero finalmente adiantouse ás 20:00).

O libro reúne 63 relatos con compoñente autobiográfica que transcorren polos lugares da infancia do autor, entre eles o propio Pontecesures. Unhas historias cargadas de ironía e humor, pero tamén de certa acidez, que nos achegan á memoria e á vida do concello.

O acto contará coas participacións de Santiago Pazo, sociólogo, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior. Unha boa oportunidade para coñecer de primeira man esta obra e desfrutar dunha velada literaria en Pontecesures.

Fontes: Faro de Vigo

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. Fernando Cabeza Quiles

    A presentación é ás 20: 00, non ás 20: 30. Moitas grazas poola divulgación.

    Responder
  2. FERNANDO CABEZA QUILES

    A presentación finalmente quedou para as 20: 30. Moitas grazas a Pontecesures net.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.