Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Pontecesures, entre os cinco concellos de «O museo en Camiño»: as réplicas do Museo de Pontevedra chegan ao CPI o 23 de outubro

Por Plumilla ·

Presentación de «O museo en Camiño. Un novo viaxe»
Presentación de «O museo en Camiño. Un novo viaxe», que levará as réplicas do Museo de Pontevedra ao CPI Pontecesures o 23 de outubro (Fotografía: Xunta de Galicia)

Patrimonio do Museo de Pontevedra nas aulas cesureñas: o proxecto «O museo en Camiño. Un novo viaxe», dentro do programa O Teu Xacobeo, levará réplicas de pezas destacadas do museo a escolares de educación primaria de cinco municipios do Camiño Portugués: Catoira, Cesantes, Barro, Pontecesures e Pontesampaio. Na comarca, a primeira parada será o CPI de Progreso de Catoira o 13 de outubro e, despois, o CPI Pontecesures o 23 de outubro.

A iniciativa, presentada polo comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, xunto ao vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez, e a arquitecta África Martínez, de Taller Abierto (organización coordinadora), convértese nunha experiencia didáctica itinerante a través dunha maleta viaxeira que conectará historia e patrimonio nas aulas. O alumnado explorará conceptos de historia, arte e patrimonio material e inmaterial a través da expresión plástica, o aprendizaxe por descubrimento e o debate.

Gómez Román subliñou «o valor de achegar o patrimonio cultural como eixo vertebrador do Camiño» e destacou que sexan os escolares e as súas familias os receptores, pois permite que «descubran o vínculo das súas localidades coa ruta xacobea». Esta é a terceira edición do proxecto, celebrado tamén en 2021 e 2022.

Ademais dos talleres nos centros educativos, a acción complétase con dous talleres familiares no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, os sábados 31 de outubro e 14 de novembro, nos que os nenos e nenas poderán acudir acompañados dunha persoa adulta.

«O museo en Camiño» é un dos 55 proxectos activos de O Teu Xacobeo con axudas por 1 millón de euros ata o 30 de novembro. O prazo para participar na convocatoria de 2027, cun investimento de 2 millóns de euros, está aberto ata o 31 de outubro.

Fuente: Xunta de Galicia · Diario de Arousa

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.