O vello camión da recollida de lixo abandoado preto da gardería municipal.
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
En decembro pasado cando este concelleiro formaba parte do equipo de goberno fixéronse xestións para vender o vello camión que se atopaba moi deteriorado e non se usaba dende que en febreiro de 2005 se levou o lixo a Lousame. Precisamente o quedar o vello camión obsoleto foi unha das razóns que motivaron o convenio coa Mancomunidade de Barbanza-Outes para que ésta recollera o lixo, pois senón habería que mercar un novo camión.
Pois ben; este concelleiro foi cesado do grupo de goberno xa hai 5 meses e da venta do camión inservible nunca máis se soubo. Agora está en completo estado de abandono e á intemperie na parte traseira da nave-almacén de obras e preto do patio da gardería. Xa pouco ían a dar polo camión e agora vai haber que pagar para que o leven de alí.
Preguntouse no pleno por isto (en concreto foi o concelleiro socialista Oscar Gerpe) pero o alcalde non contestou nada.
Este concelleiro quere denunciar esta deixadez do alcalde e o pouco que lle importa prexudicar ó concello coa súa inactividade. Pouco se lle pode esixir ós veciños para que non deixen os vehículos abandoados por razóns medioambientais cando é o propio concello o que incumple as normas máis elementais.
Espérase que, dunha vez por todas, se solucione este tema e se retire o vello camión do lixo do seu actual e sorprendente paradoiro.
Pontecesures, 7 de xullo de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
1 comentario
Tiroliro II · 8-07-2006 a las 23:50
Moi certo o que dis Sabariz. Da pena ver ese vello camión na zona dos colexios. Vaia exemplo para todos. ¿Terá gasoil dentro? Xa veremos.