Erro na información sobre a contaminación de FINSA na piscina e que aparece hoxe en Faro de Vigo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte informei a ese medio de que o polvillo procedente de FINSA, ó haber vento suroeste estaba afectando moi negativamente ó auga dos vasos das piscinas e ás instalaciónss en xeral prexudicando ós usuarios, instando a que as autoridades da Consellería de Medio Ambiente realizaran as medicións con toda celeridade para que se cumpra a normativa.

No exemplar do periódico aparece que a piscina non se puido utilizar por mor dese polvillo. Iso nin é certo nin foi dito en momento algún por esta persoa. A piscina mantívose aberta en todo momento e foi utilizada por varios usuarios a pesar das dificultades que plantexa o polvillo.

Posiblemente foi un malentendido e solicitei ó Faro de Vigo que se rectifique a información para corrixir un erro pois a nova que se publica no día de hoxe non se axusta á realidade no comentado.

Estamos soportando os veciños a contaminación de FINSA inxustamente. Pero isto non xustifica que se publiquen informacións que non son certas. Temos evidencias dabondo sobre o polvillo que coñece toda a opinión pública.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.