Danos polos incendios forestais en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Como todos coñecemos o monte municipal Salgueiras-Lagoa quedou totalmente arrasado polos incendios. Atravesa o monte dende a Fonte de Grobas unha conducción municipal de augas. Son augas subterráneas que baixan por gravidade ata a ETAP e son utilizadas, sobre todo no inverno, para subministro da poboación cun considerable aforro de enerxía xa que en varias épocas do ano non é necesario bombear auga do canle dende o río Ulla.
A ACP solicita que se comproben os danos ocasionados polos lumes nesta traída (tubarías, minas, etc..) e que se soliciten, ó abeiro da orde que acaba de aprobar a Xunta, os investimentos oportunos para que teñamos unha instalación en perfectas condicións de uso.
Por outra banda, teño que informar publicamente que a alcaldesa en funcións Maribel Castro non inclueu na orde do día do pleno ordinario que se celebrará ás 21 horas do mércores 30 de agosto a moción presentada por este grupo para solicitar a Madio Rural un tractor para a prevención e extinción de incendios forestais. De novo se prexudica á ACP ignorando as súas iniciativas. Parece ser que hai algunha nova relacionada con este tema e que coñece o goberno municipal.
Por suposto este concelleiro non foi informado para nada e non entende como non se inclúen as mocións que presenta. No debate do documento é onde deben plantexarse polos grupos outras informacións ou novas que se coñezan relacionadas coa petición do tractor.
Parece que a alcaldesa en funcións segue a táctica do alcalde titular que é ignora por completo ós membros da oposición e obstruir o dereito á información que teñen.

Pontecesures, 26.08.06
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures


1 comentario

Moscón · 28-08-2006 a las 19:01

A alcaldesa en funcións imita a Angueira e non inclúe a moción de Sabariz. Me dixeron que non o soporta pero non se pode ter, alcaldesa, un comportamento tan antidemocrático cun concelleiro elixijdo polo pobo. Consúltoche: ¿Qué te podo chamar para que non me denuncies?. Algo fino, partidista, sectaria, «mandada de Angueira». Así está ben ¿Non sí?.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.