O alcalde propón as festas locais para 2007 cando ten que facelo o Pleno.
Dende a Delegación da Consellería de Traballo solicitaron ao concello de Pontecesures que propuxera, coma tódolos anos, as dúas festas locais para publicar nos xornais oficiais concedendo un prazo que remata o 20 de setembro.
O artigo 2º do Decreto 130/2006 da citada consellería polo que se determina o calendario laboral para 2007, contempla que as dúas festas locais serán determinadas polo delegado de Traballo, a proposta do Pleno dos respectivos concellos.
A pesar da claridade da norma, o alcalde Sr. Alvarez Angueira, mediante resolución de 08.09.06, e antes de delegar as funcións do cargo na 1ª tenente de alacalde entres os días 9 e 14 de setembro por disfrutar dun período de vacacións, decide pola súa conta fixar as festas locais sen esperar a pleno algún e sen consultar coa oposición para nada este tema.
Sen entrar a valorar a súa decisión (fixou como festivos locais o 8 de xaneiro San Xulián xa que o propio día que é o 7 cae en domingo, e o día 2 de xullo Luns do Carme) resulta sorprendente que o alcalde incumpla a normativa privando ao pleno (no que por certo está en minoría) de facer a proposta sobre as festas locais.
A ACP denuncia que o alcalde xa leva dous plenos ordinarios sen comparecer e nos que o goberno municipal non propuxo acordo algún. Evita o debate, non quere respostar ás preguntas, non da cumprimento aos acordos adoptados e agora priva ao máximo órgano colexiado do concello que decida un asunto previsto na normativa.
Esta e a capacidade de diálogo e de tolerancia da que fala o Sr. Alvarez Angueira. Quere dirixir a xestión de xeito unilateral sen contar con ninguén despreciando aos representantes das outras forzas políticas que forman parte do pleno da corporación.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
5 comentarios
Paspallás · 12-09-2006 a las 23:50
Esto das festais locais era moi comentado hoxe nalgún bar do pobo. Autoritarismo barato e medo a ir ós plenos. Diciame un membro de unha familia de San Xulián hoxe, que dos cinco votantes que eran todos do BNG ningún votará a Angueira por trapicheiro. Dícian que só fixo empregar as irmás, aos do bloque, as amigas e otros comentarios que é mellor non dicir en público.
Moscón · 14-09-2006 a las 20:31
O alcalde bombeiro agora sóbralle todo o mundo e fai o que lle da a gaña. Só pode ser dominado en algún barullete pola garda pretoriana pois están compichados por moitos temas e hai que manter as bocas pechadas a collóns.
Pili · 15-09-2006 a las 18:38
Mal Molulo x ke o dia 8 de enero e morto e solo hai rebaixas. O festivo ten que ser o venres das festas de porto para comer ben os mexilons do xoves cando o patrón e domingo. Ke burrada.
DANIEL SEIJAS · 16-09-2006 a las 22:29
pois seria bo,xa foi moitos anos xa pasara,era un neno,o venres de porto fora festivo local,aínda que claro o patrón é o patrón san xulián,si ese dia ou vispera se fixera unha festa con orquestras e bandas,que nesa epoca son baratas cambiaba a cousa…tamén o luns de pascoa poderia ser outra opción (pero esto se cadra parace satelizarse a padrón).Que fagan como vexan.
Vaticanista · 17-09-2006 a las 17:20
Pois sí en 2007 o festivo debía ser o venres do San Roque de Porto ao ser San Xulián domingo. Sería unha xusta homenaxe ao santo de Montpellier. Pero que se lle vai pedir a Angueira…
A Seijas véxolle o plumeiro pois xa quería orquestras en San Xulián. Como é representante de grupos musicais…. ¡Hai pillín!