A ACP apoia a Ruta Xacobea do río Ulla aínda que non se convidou á oposición ao acto do 2 de setembro.
O concelleiro Luis Angel Sabariz Rolán enviou ao Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Ignacio Rodríguez Eguibar e ao Director Xeral de Turismo Rubén C. Lois González o seguinte escrito:
O pasado día 2 de setembro fixo vostede o remonte do río Ulla dende Vilagarcía a Pontecesures percorrendo a Ruta Xacobea Mar de Arousa-Ulla acompañado do presidente da ruta D. José Luis Sánchez Agustino e de varias autoridades autonómicas e de distintos concellos. Segundo o anunciado se pretende potenciar esta marabillosa ruta e por iso animouse vostede a percorrela ??in situ?.
Este concelleiro, aínda que non foi convidado ós actos polo alcalde de Pontecesures D. Manuel Luis Alvarez Angueira, presentouse no peirao para saúdar á comitiva e acompañar ós asistentes ó xantar oficial que tivo lugar no edificio do ??Alfolí? ausentándose logo porqué os membros da oposición tampouco estabamos convidados a dito xantar.
Quero comunicarlle a vostede que este concelleiro representante da Agrupación Cidadá de Pontecesures, aínda que non lle foi posibel facelo persoalmente polas razóns anteditas, agradece a súa visita e solicita que se apoie este percorrido marítimo-fluvial polo seu interese turístico, medioambiental e paisaxístico. E unha pena que os membros da oposición non poideramos recibir información sobre as medidas a adoptar ou facer suxerencias para mellorar esta conmemoración da traslación do Apóstolo.
Resulta triste esta actitude do noso alcalde de marxinar a representantes dos veciños nestes actos pero isto non debe afectar a potenciación da Ruta Xacobea que é un empeño de todos.
Envíolle un cordial saúdo.
0 comentarios