«O noso Camiño» chega a Pontecesures: unha escultura colectiva coas impresións de peregrinos e veciños

Logo do proxecto O noso Camiño

O proxecto artístico e participativo «O noso Camiño», impulsado polo fotógrafo Adolfo Enríquez de cara ao Xacobeo 2027, chegará este mércores 2 de setembro a Pontecesures.

A instalación propón recoller as impresións de peregrinos e veciños sobre a súa experiencia no Camiño de Santiago: en cada parada colócanse fichas de gran formato con preguntas diferentes, que os participantes van encajando entre si ata formar unha escultura colectiva e orgánica, distinta en cada municipio.

En Pontecesures poderá visitarse no Miradoiro do Pino Manso desde as 09.00 horas deste mércores.

Tras pasar pola vila, a fase inicial do proxecto seguirá estes pasos:

  • Xoves 3: O Pino, en Santa Irene, xunto ao albergue de peregrinos, desde as 09.00 horas
  • Venres 4: Fisterra, na Praza da Constitución, desde as 10.30 horas
  • Domingo 6: Feira de Lestedo (Boqueixón), aproveitando o día de mercado

Tamén podes participar a distancia: na web oficial onosocamino.com podes deixar o teu email para recibir gratuítamente o libro electrónico que creará o fotógrafo Adolfo Enríquez con imaxes do Camiño, inspirado nas respostas recollidas nesta escultura colectiva.

A acción arrincou a pasada semana en Mesía e percorre municipios dos Camiños de Santiago en Galicia para recoller a pegada humana do territorio antes do ano santo.

Fonte: El Correo Gallego