Xuntanza da Comisión de Festas de Porto
Como cada ano a finais de setembro os membros da comision de festas de Porto, e colaboradores, reuníronse en casa de Mon «Picafolla» para, sentados arredor da mesa, celebrar o éxito das pasadas festas, empezar a estudiar orzamentos para contratar as próximas do ano 2007, e ver que membros an de formar parte da comision do seguinte ano.
O menu foron uns bichos de patas, e un pouco de carne preparada polo chef Manolo «o alcalde» (nestes tempos separatistas, aspira a ser o primeiro alcalde que teña o concello de Porto…). Excelente a comida, cuñaooooo!!!
Ademais este ano a Comision celebrou e brindou polos 25 anos consecutivos de festas de Porto, que empezaron sendo unha pequena verbena dun día e hoxe son o que son… ¡Feliz 25 aniversario e por outros 25 anos mais, polo menos!
Logo dos postres amenizounos a velada o xefe do «clan dos picas (de Porto)» Sr. Manolo quen nos demostrou que segue tendo a garganta afinada e a punto para cantar dende a «rianxeira» ata o «miudiño miudiño». Parece un rapaz de vinte anos…
(aqui está un man a man entre o sr. Manole e Xoan o Raxado. Se nos puxo a «pel de galiña»…)
Pero tamén houbo quen se instalou comodamente e disfrutou ó seu xeito da festa, coma se estivese no salón da casa…
Por último, trasladar as gracias a todos os veciños de Pontecesures, empresas colaboradoras, institucións públicas, asociacións que colaboran connosco , e a todos aqueles que acuden a Porto nos días das festas con gañas de pasalo ben… e pedir disculpas polos detalles organizativos que poideros sair mal este ano. A todos gracias!
A Comision de Porto 2006
0 comentarios