Randulfe: A imaxe de Cesures é penosa e se para lavala é necesaria unha moción de censura, estudiarase

Publicado por Carmen Barreiro en

Rafael Randulfe foi elexido o sábado presidente do Partido Popular cesureño, cargo que xa ocupaba en funcións dende fai uns anos. Agora, co apoio dos afiliados, céntrase en prepara-la estratexia de cara ás eleccións municipais de maio do 2007, nas que ve complicado que nin o seu partido nin calquera outro poida acadar a maioría absoluta. Considera que a actual situación do Concello, con un goberno de coalición en minoría, é insostible , polo que ve con bos ollos unha posible moción de censura contra o alcalde nacionalista, Manuel Luis Álvarez Angueira, como fórmula para lavar a penosa imaxe que dende o seu punto de vista se está a transmitir da vila nos últimos tempos.

DIARIO DE AROUSA 03/10/2006


4 comentarios

Loro · 3-10-2006 a las 16:49

Pero quen vai decidir agora no PP Randulfe ou Angel Souto. Pode ser que Souto goberne de día e Randulfe de noite.

Paspallás · 3-10-2006 a las 23:15

Pois falaban na Taberna que o candidato do PP podería ser unha persoa seria coma Suso Rey que agora está xubilado. Podería ser un revulsivo pero ¿Qué actitude tomaría coa FINSA?

kaka-tua · 4-10-2006 a las 18:14

Luis, Luis… Alcalde… ¿Qué fixeches o outro día no pleno? ¿Ti crees que se pode finalizar un pleno, con 70-80 persoas e a Tv Salnés grabando, desa maneira? ¿Quen se vai creer agora o de ??demócrata? e a ??culpa é dos outros??.
¿QU? MENTIRAS NOS VAS A CONTAR HOXE EN TVSALNES? Ahhhh, claro… alí non hai discurso de replica… non hai debate!!! Botas un ??monologo? tipo Franco, Chaves, pinochet ou Fidel castro e xa está, non?
Pois non, non se fala doutra cousa en Pontecesures, As imaxenes de tvSalnés demostran que estás atacado polos nervios, e non tes argumentos para rebatir á oposición, que se frota as mans pois saben que estás arrinconado contra as cordas? Agoar tocalle xogar a eles e coma sexan VALIENTES e che saquen do cargo ás cegar a maio moi tocado…
Ademais cometiches outro erro: querer menospreciar o nº de asistentes ó pleno, pois uns cuantos eran de Valga, propietarios de terreos na zona do futuro polígono, e claro, coma non votan aquí pois non contan… ¡Que reduccionismo filosófico mais cativo! ¿E as suas amistades de Cesures, e os familiares quen os teña aquí…? Ou pensas que eles non falas estes dias do que viron?
¡ Mal cho vexo. Compañeiro, perder os nervios é síntoma malo…!

¿Xa fuches a pedirlle socorro o ??mandamás Quintanilla? á Xunta? ¿Vai voltar a Pontecesures a sacarse algun ??coello da chisteira? para botarche un cable? ¿Vai decir de novo aquello de que ??mellor goberno local non pode ter o pobo..?.?

PD: Gustame ver coma termos empregados por min aquí se xeneralizan no uso (??garda pretoriana?, ??bombeiro toureiro?, ??llanero solitario?). Eso faime ver que algúns leen con atención, e inda queda sentido crítico no pobo. Polo menos non falo en balde.

Bécquer II · 4-10-2006 a las 19:42

Randulfe desborda alegría
que no piense ni un rato
en volver a ser candidato
carece de símpatía.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.