A ACP denuncia acumulación de augas na rúa Cantillo de San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Coa chegada das choivas aprecianse varios problemas de acumulación de augas na rúa de referencia. Tanto no tramo que vai dende a intersección coa N-550 ata o paso a nivel como no tramo seguinte, fórmanse grandes charcos ocasionándose problemas para o paso dos peóns e para a circulación de vehículos. Incluso nesta semana entrou auga en algúns baixos de edificacións coas conseguintes queixas veciñais.

Estes problemas na rúa Cantillo prodúcense dende que se pechou a finca da “Papelera” por parte do seu propietario.

Pregouse así onte ao alcalde por parte do concelleiro da ACP Sabariz Rolán que, con toda urxencia, se adopten as medidas e se fagan tódalas actuacións para que estas augas pluviais sexan recollidas como demandan os veciños con toda xustiza.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.