A ACP celebra a retirada da cruz colocada en Infesta hai uns días.
Con satisfacción recibeu este concelleiro da ACP a nova de que onte operarios municipais procederon á retirada da pequena cruz de pedra ubicada en días pasados no paraxe coñecido coma «Cruz de Infesta» que se está a acondicionar con cargo ao programa LEADER PLUS da ADR Ulla-Umia. A colocación desta cruz sobre unhas rochas foi denunciada por este concelleiro recollendo as queixas veciñais xa que o elemento ornamental lembraba, con evidente mal gusto, os que se colocan nas sepulturas dos camposantos. Ademáis, por enriba, a cruz estaba inestable e abaneábase con risco de caída e de perigo para nenos e maiores que transitan polo lugar.
Celébrase así esta retirada corrixíndose unha auténtica «chapuza» propiciada polo goberno local. Espérase así que se coloque, en lugar da cruz retirada, un cruceiro típico galego que é o que desexan tódolos veciños.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
2 comentarios
Flor · 23-10-2006 a las 16:27
Sí señor. Asi se hace oposición y gracias a la ACP se retira esa cruz horrible de Infesta. Pero el PP y el PSOE donde están. No hacen absolutamente nada.
Tilán · 23-10-2006 a las 20:39
Ás veces coido que nos naceu unha estrela na nosa Aldea, e que é moito este don Luis Angel, se os demáis concelleiros chegan a ter a actividade que demostra este home, este aldea ía a ser global …; e que don Luis Angel está en todo; S? TE?O UN TEMOR, ¿canto lle vai durar este xeito de actuar?; como nos pille unha poltrona…xa non teremos a este hiperactivo político que só lle falta coller os papeis tirados pola rúa, algún que vai no outro mundo fixoo de feito, e ó seu xeito tiña a Aldea limpia. (Agora nin dun xeito (demo..) nin doutro (dicta..). A min non me conten o conto.
A través de don Luis Angel enterámonos dunhas cantas cousas que pasan na Aldea, lembro nun Pleno, ata coido que foi o da retira da dedicación exclusiva, que o INDIGNO dicía: «nunca tanto saiu o pobo de pontecesures na prensa, tódolos días está na prensa, parecemos uns comediantes ou xentes do circo…» a cita non é «kata poda» pero esa é a idea. ¡¡¡INDIGNO… INDIGNO!!!, tés á sorte do … a MOCI?N DE CENSURA QUEDOUSECHE EN NADA… PERO TI AGARDA, O TEMPO DIXOLLE O TEMPO.
DON LUIS ANGEL é vostede á esperanza (non vou a dicir nin roja, nin amarela).
«San OSCAR……, BUENO Y MARTIR» «rebus sic stantibus» …»que mexen… diremos que chove»