A ACP denuncia a existencia de trastos vellos abandonados no Cagaxol.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

lixo.jpgPreto da intersección da pista do Cagaxol coa que vai ata o campo de fútbol hai, nun marxe da calzada, varios trastos vellos (electrodomesticos inservibles, ferros, etc..) que proceden posiblemente dunha finca que foi limpada recentemente é que linda co paso a nivel de Porto-Devesa (alguén depositou hai tempo alí os trastos cando estaba a maleza alta). Hai risco de que se acumulen máis residuos na zona creándose un problema de salubridade.

Solicitouse así no dia de hoxe por parte do concelleiro Luis Angel Sabariz Rolán ao alcalde que se den as ordes oportunas para que os trastos sexan retirados con toda urxencia.


1 comentario

Chiripitifláutico · 23-10-2006 a las 22:51

Son da Devesa e sí é certo esto dos escombros no Cagaxol. Tamén e verdad que nunca escoitei unha nova do Cagaxol na miña puñetera vida.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.